Calcita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Calcita | |
|---|---|
| Calcita de coloración parda | |
| Fórmula química: | CaCO3 |
| Clase: | Carbonatos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Romboédrico |
| Cor: | Branca, amarela e parda |
| Brillo: | Vítreo |
| Dureza: | 3 |
| Fractura: | Irregular |
| Exfoliación: | Imperfecta |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 2,6-2,8 g/cm3 |
A calcita é un mineral da clase dos carbonatos formado pola combinación do calcio, o carbono e o osíxeno, de fórmula química CaCO3 e que cristaliza no sistema romboédrico.
Índice |
[editar] Aspecto
A calcita pode aparecer en forma cristalina pero é moito máis frecuente que o faga en forma masiva formando o que se chama a rocha calcaria. A cor branca é a máis habitual pero tamén podemos atopar calcita amarela e incluso máis escura, chegando a variedades de cor parda. Os paisaxes cársticos son os formados pola aparición masiva de calcita, debuxando neles curiosas formas.
[editar] Lugares onde se atopa
Atópase normalmente en xacementos calcáreos sedimentarios ou metamórficos, en rochas volcánicas e en filóns hidrotermais. A calcita pode aparecer en asociación co cuarzo e cunha gran cantidade de minerais metalíferos.
[editar] Usos da calcita
A calcita úsase principalmente para obter cal, coa que logo se purifica a auga, se blaquea o papel e se fan pigmentos, entre outras aplicacións.
[editar] Propiedades
Este mineral presenta reacción ó ácido clorhídrico, expulsando CO2 cando se pon en contacto con esta substancia.
A chamada auga dura e a que se encontra en zonas moi ricas en calcita e que conteñen unha alta concentración de calcio. Se esta concentración é moi elevada, a agua non fai escuma en contacto co xabrón.
[editar] Outros carbonatos
A aragonita é outro carbonato, que ademáis comparte coa calcita a mesma composición química.