Lingua baskir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baskir
Башҡорт теле
Pronuncia: Bašqort tele
Falado en: Rusia, Usbequistán, Casaquistán
Rexións: Bashkortostán
Total de falantes: 1.047.000
Familia: Altaica (discutida)
 túrquica
  Túrquica do Norte
   Baskir
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Bashkortostan.svg Bashkortostán
Códigos de lingua
ISO 639-1: ba
ISO 639-2: bak
ISO 639-3: bak

O baskir (Башҡорт теле başqort tele) é unha lingua túrquica.

Falantes[editar | editar a fonte]

O censo de 1989 declaraba que había 1.047.000 falantes nativos da lingua baskir vivindo na URSS. Outros 26.737 dicían que o baskir era a súa segunda lingua. Aproximadamente 300.000 baskires declararon que o tártaro era a súa lingua nativa. No censo de 2002 houbo declarados 1.379.727 falantes.

A maioría dos falantes do baskir habitan na república rusa de Bashkortostán, así como nos veciños Tartaristán e Udmurtia. Un número sustancial de falantes viven no Krai de Perm e en Chelyabinsk, Oremburgo, Sverdlovsk e óblast de Kurgan. Existen importantes minorías baskires en Casaquistán e Usbequistán.

Alfabeto e dialectos[editar | editar a fonte]

Inda que os baskires eran orixinariamente tribos úgricas ou finesas, adoptaron a lingua bolgar. Tra-la invasión mongola de Rusia, o kypchak fíxose máis habitual, xe que era o idioma falado pola maioría das tribos da Horda Dourada.

O baskir moderno, do mesmo modo que o tártaro, que é similar, toma as súas raices do grupo de linguas kypchak. Hoxe en día o idioma ten moitos dialectos, que son moi similares ó tártaro. No pasado, os baskires usaban o tártaro coma lingua escrita. No século XV substituiuno o Chagatay (porén, segundo algúns historiadores[Cómpre referencia], foino pola variedade tártara antiga do Chagatay), que se utilizou ata 1923. Tanto o tártaro coma o chatay usaban a escritura árabe.

En 1923, creouse un sistema escrito para a lingua baskir. Tamén se creou unha linguaxe literaria propia. Ó principio utilizouse un alfabeto árabe modificado. En 1930 foi substituido por un alfabeto baseado no latino e este á súa vez por outro adaptado do cirílico en 1938.

O alfabeto utilizado polo baskir é o mesmo que o alfabeto ruso, co engadido das seguintes letras: Ә ә Ө ө Ү ү Ғ ғ Ҡ ҡ Ң ң Ҙ ҙ Ҫ ҫ Һ һ.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua baskir.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]