Bartolomé Maura y Montaner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBartolomé Maura y Montaner
Biografía
Nacemento1844 Editar o valor em Wikidata
Palma, España Editar o valor em Wikidata
Morte1926 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , medallista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1903 Editar o valor em Wikidata)
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisBartolomé Maura y Gelabert (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Margarita Montaner Llampayes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAntonio Maura, Miquel Maura i Montaner (en) Traducir, Francisco Maura y Montaner (pt) Traducir e Gabriel Maura i Montaner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Bartolomé Maura y Montaner, nado en Palma, Mallorca, en 1844 e finado en Madrid en 1926, foi un gravador, medallista e deseñador de moedas, nomeado gravador xeral da Casa da Moeda de Madrid en 1893 e gravador xefe do Banco de España en 1898.

Foi irmán do político Antonio Maura e do pintor Francisco Maura.[1] Unha das súas tataranetas é a actriz Carmen Maura.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Bartolomé Maura y Montaner naceu en Palma en 1844, un dos dez fillos de Margarita Montaner e de Bartolomé Maura, propietarios dun taller de curtume situado na rúa Calatrava, da capital balear.[2]

Comezou a súa formación artística en 1861 na súa cidade natal, na Academia Provincial de Belas Artes de Baleares, onde tivo como mestres como Guillermo Torres e Francisco Parietti. En 1868 trasladouse a Madrid e continuou estudos na Escola Especial de Pintura, Escultura e Gravado da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, con mestres como Federico Madrazo e Carlos Luis de Ribera.[3][4]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Augaforte As fiandeiras (1870).[5]

Maura traballou durante cinco anos no Museo do Prado, unha etapa na que interpretou ao gravado pinturas de pintores da escola española, como Velázquez, Murillo, Ribera ou Goya, partindo dos seus orixinais. A partir de 1869 realizou unha gran cantidade de gravados, sinaladamente retratos de personaxes tanto da antigüidade como contemporáneos.[3][4]

Tamén colaborou cos seus gravados calcográficos na serie de cadernos Monumentos arquitectónicos de España (1859-1881), na publicación periódica Museo Español de Antigüedades (1872-1880), e nas coleccións de estampas Cuadros selectos de la Real Academia de San Fernando e El Grabador al Aguafuerte. Foi ademais un prolífico ilustrador de libros.[3]

A rendición de Breda (1876).[6]

Desde 1872 ata 1893 foi administrador da Calcografía Nacional, da Academia de San Fernando, e ese último ano dimitiu dese cargo ao aprobar a oposición pola que accedeu ao posto de director artístico e gravador xeral da Casa da Moeda de Madrid,[7] xa convertida en Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. En 1898 foi nomeado tamén gravador xefe do Banco de España,[1][3] onde xa exercía como gravador desde 1883.[4]

Entre a abundante produción medallística de Bartolomé Maura pódense salientar as seguintes creacións: Exposición Nacional de Belas Artes (1890);[8] Cuarto Centenario do Descubrimento de América (1892);[9] Exposición Internacional de Belas Artes (1892);[10] Exposición Nacional de Belas Artes (1895);[11] Visita da Rexente María Cristina á Casa da Moeda (1894);[12] Proclamación de Afonso XIII (1902);[13] Rexencia de María Cristina (1903); Viaxe a Cataluña de Afonso XIII (1904); Premio da Academia de Ciencias a José Echegaray (1905);[14] Visita de Afonso XIII á Casa da Moeda (1904);[15] III Centenario do Quixote (1905);[16] Matrimonio de Afonso XIII (1906),[17] etc.[4][18]

Medalla do IV Centenario da Descuberta de América (1892).[9]

Na súa condición de director artístico e gravador xeral da Casa da Moeda de Madrid, Maura foi o deseñador e o gravador dos cuños para todas as moedas de cobre, de prata e de ouro do sistema da peseta emitidas a nome de Afonso XIII desde 1895 a 1913 cos novos retratos do monarca, así como as cuñadas para o seu uso nas Filipinas e en Porto Rico entre 1895 e 1897.[7][19]

En 1899 Maura foi elixido académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando,[1] e no seu ingreso leu un discurso titulado "Sobre a conveniencia do renacemento en España do gravado calcográfico, chamado tamén de talla doce".[3]

Entre os premios e recoñecementos ao longo da súa traxectoria artística pódense mencionar as medallas de arte da Exposición Universal de Viena de 1873 —cun gravado d'As fiandeiras, de Velázquez— e na Exposición Universal de Filadelfia de 1876; e a medalla de gravado na Exposición Nacional de Belas Artes de 1876 —cun gravado d'A rendición de Breda, de Velázquez— e na de 1901 —cun autorretrato—.[1][3][4]

En 1877 foi nomeado cabaleiro da Orde de Carlos III e en 1883 comendador da Orde de Isabel a Católica.[7]

Bartolomé Maura y Montaner faleceu en Madrid en 1926.[3]

Galería de obras[editar | editar a fonte]

Moedas[editar | editar a fonte]

Retratos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Bartomeu Maura i Montaner". Gran Enciclopèdia de Mallorca (Enciclopedia.cat).
  2. 2,0 2,1 Cedillo, J. (2018). "Los Maura: una estirpe de intelectuales con espíritu independiente". En El Cultural (Elespanol.com). 13 de agosto.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Maura y Montaner, Bartolomé". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Forrer, L. (1907). Páxina 624.
  5. "The Fable of Aracne, or 'The Spinners', after Velázquez". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).
  6. "The Surrender at Breda or 'Las Lanzas' (The Lances), after Velázquez". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).
  7. 7,0 7,1 7,2 Forrer, L. (1907). Páxina 625.
  8. "Exposición Nacional de Bellas Artes, Madrid 1890". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  9. 9,0 9,1 "A Cristóbal Colón, en el Cuarto Centenario del Descubrimiento de América". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  10. "Exposición Internacional de Bellas Artes, Madrid 1892". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  11. "Exposición Nacional de Bellas Artes de 1895". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  12. "Visita de la Reina María Cristina a la Casa de la Moneda". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  13. "Proclamación de Alfonso XIII como rey de España en 1902". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  14. "A José Echegaray". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  15. "Visita del rey Alfonso XIII a la Fábrica NAcional de Moneda y Timbre". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  16. "A Miguel de Cervantes Saavedra. III Centenario de la publicación del Quijote". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  17. "Matrimonio de Alfonso XIII y Victoria Eugenia de Battenberg". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  18. Forrer, L. (1930).
  19. "Bartolomé Maura". Numista.com
  20. "1 Centimo - Alfonso XIII 4th portrait". Numista.com
  21. "2 Centimos - Alfonso XIII 5th portrait". Numista.com
  22. "2 Pesetas - Alfonso XIII 4th portrait". Numista.com
  23. "5 Pesetas - Alfonso XIII 3rd portrait". Numista.com
  24. "Puerto Rico: 5 Centavos". Numista.com
  25. "Retrato de Cándido Nocedal". Biblioteca Nacional de España (Bdh-rd.bne.es).
  26. "Retrato de Claudio Alvargonzález". Biblioteca Nacional de España (Bdh-rd.bne.es).
  27. "Retrato de Vicente Wenceslao Querol". Biblioteca Nacional de España (Bdh-rd.bne.es).
  28. "Retrato de Manuel Tamayo y Baus". Biblioteca Nacional de España (Bdh-rd.bne.es).
  29. "Retrato de José María Quadrado". Biblioteca Nacional de España (Bdh-rd.bne.es).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arroyo, M. D. (1990). Bartomeu Maura i Muntaner (1844-1926). Vida i obra. Caixa de Balears. 1990. ISBN 84-87128-12-2
  • Cano Cuesta, M. (2005). Catálogo de Medallas Españolas. Museo Nacional del Prado, Madrid. Páxinas 308-309.
  • Forrer, L. (1907). "Maura y Montaner, Bartolomé". En Biographical Dictionary of Medallists. Spink and Son, Londres. Vol. 3. Páxinas 624-625.
  • Forrer, L. (1930). "Maura, Bartolomé". En Biographical Dictionary of Medallists. Spink and Son, Londres. Supl. 2. Páxina 35.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Gregorio Sellán y González

Gravador xeral da
Real Casa da Moeda de Madrid

1893 - Ca. 1913
Sucesor:
José Espinós Gisbert