Bandeira de Gana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Gana
Bandeira de Gana
Uso
FIAV 111010.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 1957
Cores      Verde     Vermello     Amarelo     Negro

A bandeira de Gana é un dos símbolos nacionais do país. Inclúe as cores panafricanas e unha estrela negra de cinco puntas.

Historia [editar]

A bandeira foi deseñada por Theodosia Okoh para substituír a Bandeira do Reino Unido despois de acadar a independencia en 1957. Despois de Etiopía, Gana foi o segundo estado africano en adoptar as cores vermella, amarela e verde.

Están dispostas en bandas horizontais iguais, coa estrela no centro da banda amarela. O vermello representa o sangue das persoas finadas nas guerras pola independencia; o amarelo representa a riqueza mineral do continente; o verde simboliza os bosques e a riqueza natural. A estrela negra representa a liberdade de África.

Entre 1964 e 1966 foi substituída cunha variante na banda central, mudando o amarelo polo branco.

Outras bandeiras [editar]

Bandeiras históricas [editar]