Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Aruba
 |
|
|
A bandeira de Aruba foi adoptada oficialmente o 18 de marzo de 1976, tras un concurso no que participaron máis de 630 deseños. Está composta por un fondo azul atravesado por dúas bandas horizontais paralelas de color amarela. No extremo superior hai unha estrela de catro puntas de cor vermella e bordo branco.
O azul representa o ceo e o mar Caribe, mentres que o amarelo simboliza a unión entre Aruba e os Países Baixos e a color do wanglo, flor nacional. A estrela vermella simboliza a illa apuntando aos catro puntos cardinais no medio do océano. O vermello representa a terra e o branco o bater das olas sobre nas praias. Tamén, as catro puntas da estrela identifican ás catro linguas da illa: español, papiamento, neerlandés e inglés.
O 18 de marzo de cada ano é o Día da Bandeira en Aruba.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]