Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira das Illas Virxes Estadounidenses
 |
|
|
A bandeira de Illas Virxes Estadounidenses, un territorio ultramarino baixo dependencia estadounidense, é un pano de cor branca na que aparecen as iniciais do territorio: "V" "I" en cor azul; no centro, a aguia estadounidense representada en amarelo co escudo das barras e as estrelas dos Estados Unidos; na súa gadoupa dereita sostén unha póla de loureiro e na esquerda terma de tres frechas azuis.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]