Bandeira de Costa Rica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Costa Rica
Bandeira de Costa Rica
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción29 de setembro de 1848
Cores     Azul     Vermello     Branco

A bandeira de Costa Rica foi creada o 29 de setembro de 1848 xunto co Escudo Nacional. A tradición establece que a concepción e deseño da actual bandeira, vixente dende ese ano, correspondeu a Doña Pacífica Fernández Oreamuno, esposa do daquela Xefe de Estado, José María Castro Madriz, inspirada na Bandeira de Francia.

A bandeira é tricolor por medio de cinco franxas colocadas horizontalmente, unha vermella no centro comprendida entre dúas brancas, a cada unha das cales segue unha azul. O ancho de cada franxa é a sexta parte do da bandeira, agás a vermella que é de dous sextos.

O Pavillón Nacional diferénciase porque no centro da banda vermella leva bordado sobre fondo branco o Escudo Nacional.

As cores representan:

  • Azul, o ceo que cobre Costa Rica.
  • Branco, a bondade de paz .
  • Vermello, O traballo, o labor cotián, segundo está escrito no Himno Nacional e no Saúdo á Bandeira.

As franxas están nunha proporción 1:1:2:1:1.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]