Bandeira de Antiga e Barbuda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Antiga e Barbuda
Bandeira de Antiga e Barbuda
Uso
FIAV 111100.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 27 de febreiro de 1967
Cores      Amarelo     Azul     Branco     Negro     Vermello

A bandeira de Antiga e Barbuda foi adoptada o 27 de febreiro de 1967. Deseñada polo mestre dunha escola, Reginald Samuels, está composta pola metade superior dun Sol emerxendo dunha franxa horizontal de cor azul. Baixo esta franxa hai un fondo branco r sobre este, un fondo negro. A ambos lados da bandeira sitúanse dous triángulos (cos seus ángulos rectos nas esquinas inferiores) de cor vermello.

O Sol representa o amencer dunha nova era para o país, mentres que o negro representa ós antergos africanos, o azul á esperanza e o vermello á enerxía. A combinación amarelo ouro, azul e branco tamén representa o ambiente natural das illas do Caribe: Sol, mar e area.

En embarcacións estatais e militares, utilízase unha bandeira que consiste nunha cruz vermella sobre un campo branco e a bandeira nacional no cantón.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]