Bandeira do Chad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bandeira de Chad")
Bandeira de Chad
Bandeira de Chad
Uso
FIAV 111000.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 6 de novembro de 1959
Cores      Azul     Amarelo     Vermello

A bandeira de la República de Chad foi adoptada o 6 de novembro de 1959, nos prolegómenos da independencia do país, que tivo lugar un ano despois, en 1960. Trátase dunha tricolor formada por tres franxas verticais, sendo azul a máis próxima ao pau, amarela a central e vermella a máis afastada ao pau. A pesar da semellanza entre esta bandeira e outras como a romanesa (da que difire unicamente no ton un pouco máis escuro do seu azul), ou a andorrana, non ten ningún tipo de relación con elas. As cores da bandeira de Chad xorden da combinación das cores da bandeira de Francia (antiga metrópole) e as cores tradicionais do panafricanismo.

A franxa azul representa o ceo, a esperanza, a agricultura e as augas no sur de Chad; a franxa amarela simboliza o sol e o deserto no norte de Chad; e a franxa vermella simboliza o progreso, a unidade e o sacrificio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]