Baixo alemánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baixo alemánico
'Niideralemannisch'
Pronuncia: AFI: Niːderalɛˈman(ː)ɪʃ
Falado en: sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein e no oeste de Austria
Total de falantes: ?
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Alemán
    Alemán superior
     Alemánico
      Baixo alemánico
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: gsw
ISO 639-3: ambos:
gct — Badense (coloneiro)
gsw — Baixo alemánico
(situación arredor do 1950)

O baixo alemánico é un idioma clasificaco por Karl Bohnenberger no 1924 en dous subgrupos, o baixo alemánico do lago Constanza e o baixo alemánico do Rin posterior.

Baixo alemánico do lago Constanza[editar | editar a fonte]

  • Algoiés
  • Baarés
  • Suvirtembergués
  • Vorarlbergués

Baixo alemánico do Rin posterior[editar | editar a fonte]

Dispersión[editar | editar a fonte]

Os dialectos baixo alemánicos fálanse principalmente nas zonas ao norte da isoglosa k/ch AFI [k] e [kx] en vez do fricativo [x] en alto alemánico.

Outro xeito que pode ser usado para establecer a isoglosa (k/ch) e separar o baixo do alto alemánico é a diferenza de ii/üü AFI [iː]/[yː], por exemplo a palabra casas Hiiser/Hüüser, tamén ratos Miis/Müüs e piollos Liis/Lüüs, pero esta isoglosa ii/üü tamén chamada barreira-Sundgau-lago Constanza é unha liña problemática porque ten excepcións, por exemplo en Sundgau (alto alemánico) dise ao lume Fiir en vez de Füür, en Vorarlberg (baixo alemánico) dise Füür como en alto alemánico, isto, para que se entenda, ii é normal en baixo alemánico e üü normal en alto alemánico.

Ao norte da isoglosa atópanse en Francia, Alsacia (menos o sueste do Sundgau que pertence ao alto alemánico), en Alemaña Ortenau, Baar, a maoiría do Brisgau, o territorio posterior ao lago Constanza, Constanza, Algoia, en Austria a maior parte de Vorarlberg, e case todo Liechtenstein, en todos estes sitios chámaselle Kind ao neno ou nena agás de Chind.

En Suíza o basilense e unha illa baixo alemánica nun ámbito alto alemánico, fálase tamén baixo alemánico nuns anaquiños ao nordés de San Galo e Appenzell, tamén nuns 4 concellos no cantón Grisóns entre eles atópase a capital Coira.

En Venezuela fálase en Colonia Tovar (con mesturas do castelán) unha variante do badense de Kaiserstuhl.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Baixo alemánico.