Isoglosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha isoglosa é unha liña imaxinaria que divide xeograficamente a existencia de dous fenómenos lingüísticos distintos. Os trazos poden ser fonéticos, fonolóxicos, morfolóxicos, sintácticos e mesmo pragmáticos.

No galego actual utilízanse as isoglosas dos principais fenómenos (formación do plural, formas dos verbos, dialectoloxía fonolóxica, etc.) para definir os bloques lingüísticas, que son tres: occidental, central e oriental ou exterior. Dentro deles están as áreas distinguidas por outras isoglosas. Como se pode deducir dos seus nomes, as divisións dos bloques van de norte a sur.

Isoglosas marcando imaxinarias rexións lingüísticas.

Os problemas na definición de lingua proceden dunha súa característica: a continuidade. En lingüística fálase de continuum lingüístico na Romania[Cómpre referencia] (onde se falan linguas románicas ou neolatinas), debido a que existen trazos (chamados variantes) que xeograficamente se perden nun límite e outros que se perden noutro. A estas fronteiras distribucionais ou isoglosas poden agruparse (e polo tanto se chamarán substitutivas ou consecutivas) ou aparecer illadas (e se chaman constitutivas, difusas ou graduais):

Como se ve, as isoglosas poden concentrarse en determinadas rexións ou aparecer illadamente: no primeiro caso chámanse fronteiras lingüísticas constitutivas e no segundo substitutivas ou consecutivas. As fronteiras das linguas románicas na Península Ibérica son constitutivas na súa parte setentrional (galego e asturiano, asturiano e castelán ou castelán e aragonés) e substitutivas na súa parte meridional (portugués e castelán. Isto pasa tamén na fronteira entre as linguas iberorromances e a Galorromania, pois tamén se dá así entre o aragonés e o catalán no norte ou castelán e catalán en Valencia no sur.