Selva Negra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

00

Situación da Selva Negra en Alemaña.
Situación da Selva Negra en Alemaña.
Topografía da Selva Negra.
Topografía da Selva Negra.

A Selva Negra, (en alemán: Schwarzwald; en latín Marciana Silva, é dicer "bosque fronteirizo") é unha área montañosa de orixe paleozoica situada na parte suroccidental da Alemaña, no Land de Baden-Württemberg, constituíndo o máis vasto macizo da faixa de relevos centrais ou Mittelgebirge.

Índice

[editar] Xeografía

A Selva Negra esténde ao longo do denominado Dreiländereck, é dicir, a zona onde se unen os confíns territoriais de Suíza, Francia e Alemaña, seguindo unha dirección norte durante uns 160 km, en paralelo á foxa Renana; no extremo meridional acada unha largura de 60 km, mentres no norte o ancho é só de 30 km.

O río Kinzig representa a linde entre a Selva Negra setentrional e a Selva Negra Central (mittlerer Schwarzwald), no entanto o río Dreisam separa a Selva Negra meridional, e na cal se erguen as cimas máis altas do seu relevo; esta área é tamén dita Alta Selva Negra (Hochschwarzwald).

[editar] Montañas

A montaña máis elevada da Selva Negra é o Feldberg (1.493 m s.n.m.) situado na parte meridional. Outros cumes ubicados na mesma área son o Herzogenhorn (1.415 m) e o Belchen (1.414 m). Na parte setentrional a cima máis alta é o Hornisgrinde (1.166 m).

[editar] Lagos e cursos de auga

Os principais ríos que nacen na Selva Negra son o Neckar (367 km), Wutach (118 km), Enz (112 km), Kinzig (95 km), Murg (96 km), Nagold (92 km) e Wiese (55 km). Da Selva Negra xorden tamén os ríos Brigach (43 km) e Breg (49 km), que uníndose forman o Danubio.

Os lagos principais da rexión sono o Glaswaldsee, o Kirnbergsee, o Feldsee, o Titisee e máis o Schluchsee.

[editar] Metas turísticas

Son destacábeis na zona as cidades de Freiburg e Baden-Baden, así como as pequenas cidades de Gengenbach e Staufen. Desde un punto de vista paisaxístico merecen salientarse o Feldberg e o Belchen, ademais do Monte Kandel e o Schauinsland. Outras metas turísticas importantes son os lagos, nomeadamente o Titisee e o Schluchsee. Na área meridional da Selva Negra instituíuse un parque natural de cerca de 333.000 ha, que é o de maior en extensión de Alemaña.

Panorama típico.
Panorama típico.

[editar] Museos


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais