Alto alemánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A zona do alto alemánico en amarelo. En vermello a liña Brünig-Napf-Reuss, en gris no fondo o mapa de Suíza.

O alto alemánico é un grupo de dialectos do alemánico que se fala nun territorio que abarca partes de Suíza, Liechtenstein, algo do sur de Baden en Alemaña, a parte francesa do sur de Alsacia en Sundgau e tamén algunhas rexións de Voralberg en Austria. Unha característica significativa para diferencialo do baixo alemánico é a pronuncia de <k> (/k/) a <ch> (/χ/), exemplos son Kind (neno) e Kopf (cabeza), que chegan a ser Chind e Chopf.