Gibson SG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gibson SG/LP

A Gibson SG é unha guitarra eléctrica de corpo sólido fabricada por Gibson. Presentouse no ano 1961 e trátase dun dos modelos máis populares da marca.

Orixes[editar | editar a fonte]

En 1960 as vendas da Gibson Les Paul foron significativamente máis baixas que en anos anteriores. No ano seguinte á Les Paul deuselle un corpo de caoba máis delgado co fondo cha, e con dous cornos para facer máis accesibles os trastes superiores. O unión do mastro foi desprazada tres trastes tamén coa intención de facilitar o acceso a eses trastes. O corpo simplificado abaratou os custes de produción, e a nova Les Paul co seu esvelto mastro foi comercializada como "o mastro máis rápido do mundo". A pèsar de que a nova guitarra era popular, ao propio Les Paul non lle importou o novo deseño, e pedíu a Gibson que quitase o seu nome da guitarra. Gibson aceptou a petición de Les Paul e o instrumento foi bautizado como "SG" (Solid Guitar). O nome de Les Paul foi borrado oficialmente en 1961, pero a SG continuou levando a placa co nome de Les Paul ata finais de 1963.

Debido á súa popularidade, o estilo do corpo da SG adoita a ser imitado por outros fabricantes, aínda que moito menos que o da Les Paul ou a Fender Stratocaster.