Gibson Les Paul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gibson Les Paul Classic.

A Gibson Les Paul é unha das guitarras eléctricas de corpo sólido máis famosas. Desenvolvida a principios dos anos 50, a guitarra converteuse nun dos máis populares instrumentos dos mundo. O seu deseño apenas variou ao longo de 50 anos.

Orixes[editar | editar a fonte]

O modelo Les Paul apareceu grazas á colaboración entre a Gibson Guitar Corporation e o guitarrista de jazz e inventor de electrónica Les Paul. En 1950, despois da introdución da Fender Telecaster no mercado, as guitarras eléctricas convertéronse nun obxecto de consumo. O presidente de Gibson Ted McCarthy levou ao guitarrista Les Paul á compañía como asesor. Les Paul foi un respectado innovador que experimentara co deseño de guitarras para a súa propia música. De feito, el construíra artesanalmente un prototipo de corpo sólido chamado "o tronco", un deseño considerado como a primeira guitarra eléctrica de corpo sólido. A pesar de que moitos outros prototipos e producións limitadas de modelos de corpo sólido doutras marcas apareceron, sábese que en 1945-1946, Les Paul achegárase á Gibson co prototipo do "tronco", pero o seu deseño foi rexeitado.

En 1951, o rexeite inicial converteuse nunha colaboración entre a Gibson Guitar Corporation e Les Paul. Aínda que hai diferenzas en canto "a quen" contribuíu "en que" no deseño da Les Paul, era evidente que estaba lonxe de ser unha réplica dos modelos Fender. Sábese que dende os anos 30, Gibson ofrecera guitarras de corpo oco eléctricas, e eses modelos estableceron unhas bases para o deseño da nova Gibson de corpo sólido, que incluían unhas formas curvadas máis tradicionais que as Fender, e o mastro pegado ao corpo en contraste cos deseños de Fender que usaban un parafuso.

A contribución de Les Paul ao deseño da guitarra segue sendo controvertido. O libro 50 Years of the Gibson Les Paul (50 anos da Gibson Les Paul) limita a súa contribución a dous feitos: un consello para a ponte, e unha preferencia pola cor (declara que Les Paul prefería cor dourada porque "semellaba máis cara", ou negra como segunda eleción porque "así semellaba que os teus dedos se movían máis rápido polo mastro" e "semellaba máis clásico".

Ademais, o presidente de Gibson,Ted McCarty, declara que a compañía sinxelamente usou o nome do músico para aumentar as vendas, e que en 1951, Gibson amosoulle a Les Paul o instrumento case rematado. McCarty tamén afirma que as discusións de deseño con Les Paul limitáronse á ponte e a colocación dunca capa de arce sobre o corpo de caoba para aumentar a densidade, e así o tempo de sustain das notas. Sen embargo, segundo Gibson, esa revisión facía moi pesada a guitarra, polo cal a rexeitaron.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Les Paul DC  
Les Paul Classic  
Les Paul Custom 50th Anniversary 1959  
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gibson Les Paul Modificar a ligazón no Wikidata