Rickenbacker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rickenbacker International Corporation
Rickenbacker logo.svg
Fundación 1931
Localización Santa Ana, California Flag of the United States.svg
Fundador Adolph Rickenbacher e George Beauchamp
Industria instrumentos musicais
Páxina web http://www.rickenbacker.com/
Baixo da marca Rickenbacker

Rickenbacker é unha empresa fabricante de guitarras e baixos elécticos. Toda a súa produción lévase a cabo na súa sede en Santa Ana, California. Rickenbacker é a maior fabricante de guitarras que fabrica todos os seus intrumentos en Estados Unidos.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

A compañía fundouse como a "Ro-Pat-In Corporation" por Adolph Rickenbacher e George Beauchamp en 1931 para vender guitarras eléctricas hawaianas deseñadas por Beauchamp. Eles elexiron o nome comercial Rickenbacher (posteriormente cambiado a Rickenbacker) para esas guitarras, aínda que os primeiros exemplares levaban a marca "Electro".

Eses instrumentos, alcumados frying pans (tixolas) debido ao seu longo mastro e corpo circular, foron as primeiras guitarras eléctricas de corpo sólido. Cando a súa produción rematou en 1939, fabricáranlle varios milleiros destes instrumentos.

A compañía tamén vendía amplificadores para as súas guitarras eléctricas. Un fabricante de radios de Los Angeles chamado Van Nest deseñou o primerio modelo de amplificador producido pola empresa. Pouco despois, o enxeñeiro Ralph Robertson seguiu desenvolvendo os amplificadores, e na década dos 40 polo menos 4 modelos distintos estiveron dispoñibles. James B. Lansing, da Lansing Manufacturing Company, deseñou o altofalante do modelo profesional de Rickenbacker. Durante o principio dos anos 40 os amplificadores da compañía eran ás veces reparados por Leo Fender, que tiña unha tenda de reparacións que evolucionou na Fender Electric Instrument Manufacturing Company.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]