Reutlingen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reutlingen
Escudo Mapa
Escudo de armas de Reutlingen Situación de Reutlingen en Alemaña
Situación
Topónimo oficial {{{topofi}}}
País Flag of Germany.svg Alemaña
Estado federal Baden-Württemberg
Rexión administrativa Tubinga
Comarca (Landkreis) Reutlingen
Xeografía
Altitude 382 m
Área 87,1 km²
Poboación (2007) 112.458 hab.
Densidade 1292 hab./km²
Política
Alcalde (Bürgermeister) Barbara Bosch
Partido gobernante Independente
Páxina web www.reutlingen.de
Igrexa da Virxe María

Reutlingen é unha cidade do sur do Estado de Baden-Württemberg, Alemaña. É a capital do distrito homónimo de Reutlingen e conta, a día de hoxe con 112.458 habitantes. Reutlingen ten unha universidade de ciencias aplicadas, fundada en 1855, orixinariamente como escola de costura. Hoxe en día alberga unha importante industria do téxtil e maquinaria, artigos de coiro e elaboración de aceiro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Reutlingen está no recuncho sudoeste de Alemaña, preto de Stuttgart, está preto da Xura de Suabia, e por iso é habitualmente coñecida como a Porta á Xura de Suabia (en alemán: Das Tor zur Schwäbischen Alb).

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros asentamentos no área créese que datan do IV ou V séculos. Arredor de 1030, o Conde Egino comezou a construír un castelo no cumio do Achalm, unha das montañas máis grandes do distrito de Reutlingen (sobre 706 m). Unhas das torres deste castelo aínda hoxe fica aberta para os visitantes. O nome de Reutlingen foi mencionado na escritura por primeira vez no chamado Tratado de Bempflingen (en alemán: Bempflinger Vertrag), que data aproximadamente de entre 1089 e 1090.

Arredor de 1180, Reutlingen recibiu dereitos de mercado e, entre 1220 e 1240 recibiu o status de cidade, construíndose as murallas e fortificacións. Pouco despois, entre 1247 e 1343, unha das principais atracción da cidade, a Igrexa de Santa María (en alemán: Marienkirche), foi construída.

Reutlingen converteuse nunha Cidade Imperial do Sacro Imperio Romano, libre de lealdade ao Duque de Württemberg. En 1530, o Concello de Reutlingen asinou a Confesión de Augsburgo, e en 1580 a Formula da Concordia, documentos clave do Luteranismo. En 1803, a raíz das Guerras Revolucionarias Francesas, Reutlingen perdeu a súa independencia na Mediatización e Secularización xermanas, sendo restaurada en a Württemberg.

Lume e bombardeiros[editar | editar a fonte]

O maior desastre da historia de Reutlingen sucedeu en 1726, cando un gran incendio arrasou a cidade, destruíndo o 80% de tódalas vivendas e case tódolos edificios públicos, deixando a 1.200 familias sen fogar. O impacto deste lume, que durou tres días, é aínda visíbel hoxe en día.

Durante a Segunda Guerra Mundial, partes do "V1 Vergeltungswaffe" ou "Arma da Vinganza", concretamente as ás, foron fabricadas na en Reutlingen polo que a cidade foi branco de numerosos bombardeos aliados.

Persoeiros[editar | editar a fonte]

O xeneral Ferdinand Heim, máis tarde coñecido coma o "Chibo expiatorio de Stalingrado", naceu en Reutlingen, ao igual que Friedrich Schlotterbeck, socialista e autor, foi líder dun grupo local de resistencia alemá. Reutlingen é tamén o lugar de nacemento de Friedrich List un destacado economista xermano-americano.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa da Virxe María, construída en estilo gótico nos séculos XIII e XIV. Preto hai unha estatua do emperador Federico II.
  • Marktbrunnen ("Fonte do Mercado", século XVI), coroada pola estatua do emperador Maximiliano II.
  • Spitalhof, construído coma hospital no século XIV. Danado polo lume, foi case enteiramente reconstruído no século XVIII.
  • Igrexa de San Nicolás, construída no século XIV coma capela.
  • Gerber- und Färberbrunnen ("Fonte dos Curtidores e Tintureiros"), [[1920]+.
  • Casa do Concello, construída en 1966.

Universidade[editar | editar a fonte]

A Universidade de Reutlingen é unha universidade de ciencias aplicadas, centrándose sobre todo na aprendizaxe práctica, o que se pon de manifesto coas súas prácticas obrigatorias. A universidade colabora internacionalmente con outros 111 campus arredor do mundo. As clases son habitualmente en alemán porén, hai clases programadas en inglés.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]