Atol Bora Bora
| Bora Bora | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Vaitape |
| País | Francia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 8.880 hab. |
| Superficie | 29´3 km² |
| Densidade | 303 hab/km² |
| Coordenadas | 16°29′40″S 151°44′11″W / 16.49444°S 151.73639°W |
| Maior Altura | 727 m. Mount Otemanu |
| Localización | |
Bora Bora é un atol na Polinesia Francesa situada ao noroeste de Tahití, a uns 260 km ao noroeste de Papeete. Ten unha extensión de 259 quilómetros cadrados. Formado por un volcán extinto, rodeado por un lago separado do mar por un arrecife. O punto máis alto é o monte Otemanu a 727 metros.
En 2007, a poboación era de 8.880 habitantes.
Índice |
Historia[editar]
O nome orixinal en tahitiano é Pora Pora, que significa "Primeiro nacemento".
Os polinesios instaláronse probablemente o século IV. O antigo nome de Vava'u suxire que proviñan do arquipélago do mesmo nome nas Tonga. Os habitantes guerreiros eran temidos nas illas veciñas, e os seus xefes mantiveron a independencia ata a anexión por Francia o 1881. Antes, o 1842, estableceuse o protectorado francés.
Foi vista polo neerlandés Jacob Roggeveen en 1722, e logo polo francés Louis Antoine de Bougainville e explorada polo inglés James Cook en 177. O español Domingo Boenechea, o 1775, chamounaSan Pedro.
En 1842 Bora Bora converteuse en protectorado de Francia.
Na Segunda Guerra Mundial a illa foi elixida polos norteamericanos como base de subministración do Pacífico sur. En 1942 desembarcáronse 5.000 soldados, superando a poboación insular, e construíron un aeroportono Motu Mate, defensas de artillería e depósitos de combustible. Non se produciu ningún combate en Bora Bora, e a base foi pechada en 1946 ante as queixas pola presenza norteamericana. Algúns soldados tiveron que ser repatriados á forza. O aeroporto militar foi o único aeroporto internacional da Polinesia Francesa ata a construción do de Faa'a en Tahití en 1962.
Xeografía[editar]
Bora Bora é unha illa pequena de 38 km². Está formada por unha montaña basáltica de 727 m. no monte Otemanu, que significa "paxaro". A montaña está rodeada dunha lagoa protexida por un longo anel coralino con illotes de area (Tevairoa, Motu One, Motu Mute, Motu Piti Aau) só rotos polo paso de Teavanui. A vila principal, Vaitape, está fronte ao paso de Teavanui. No illote de Motu Mute atópase o aeroporto a 20 minutos en barco desde Vaitape.
A illa é o produto de erupcións volcánicas de fai catro millóns de anos. Despois foise derrubando lentamente mentres foi crecendo ao seu ao redor o arrecife coralino. A miúdo ponse como exemplo do proceso de formación dos atois, tendo hoxe tanto as características dunha illa volcánica como dun atol a medio formar.
Clima[editar]
Os meses de novembro a abril son cálidos e húmidos con moitos días soleados. Os meses de xuño a outubro son algo máis frescos e secos debido aos ventos alisios.
Poboación[editar]
No ano 2002 a poboación era de 7.295 habitantes distribuídos en tres comunas asociadas: Ide, Faanui e Nunue. A vila principal é Vaitape.
Son linguas oficiais o francés e tahitiano, tamén chamado "reo mā’ohi". O inglés tamén se fala amplamente.
Economía[editar]
Os produtos da illa limítanse á pesca e os cocos. Hoxe a economía baséase no sector turístico, sobre todo dos Estados Unidos e do Xapón. Entre outras actividades pódese facer submarinismo na lagoa onde hai quenllas e raias.