Bruchsal
| Bruchsal | |
|---|---|
| Escudo | Mapa |
| Situación | |
| Topónimo oficial | {{{topofi}}} |
| País | |
| Estado federal | Baden-Württemberg |
| Rexión administrativa | Karlsruhe |
| Comarca (Landkreis) | Karlsruhe |
| Xeografía | |
| Altitude | 135 m |
| Área | 93,02 km² |
| Poboación (2007) | 43.231 hab. |
| Densidade | 465 hab./km² |
| Política | |
| Alcalde (Bürgermeister) | Bernd Doll |
| Partido gobernante | CDU |
| Páxina web | www.bruchsal.de |
Bruchsal é unha cidade de Alemaña, no estado federal de Baden-Württemberg cunha poboación de 42.000 habitantes, 20 km do norte de Karlsruhe, é a cidade máis grande desta comarca. A vila é coñecida por ser o mercado máis grande de espárragos de Europa.
Índice |
Historia [editar]
Cambios de Municipio [editar]
Á cidade de Bruchsal agregáronselle ao longo dos anos diferentes municipios da zona, que anteriormente pertencían á provincia de Bruchsal e agora á cidade.
- 1 de xullo de 1971: a cidade de Obergrombach e zonas de Untergrombach
- 1 de xullo de 1972: a zona de Büchenau e Helmsheim
- 1 de outubro de 1974: a cidade de Heidelsheim
Edificios e monumentos [editar]
O edificio por excelencia da cidade é o Château of Bruchsal, palacio de estilo barroco, residencia do príncipe-bispo de Speyer, que comezou a construírse no ano 1720 da man do do arquitecto Maximilian von Welsch. É de destacar no seu interior a escaleira barroca, deseño orixinal de Balthasar Neumann, que se considera un dos mellores exemplos de escaleiras no seu estilo.
Tamén atopamos o Belvedere, unha casa de campo situada no xardín municipal. Dende ela tense o bo punto de vista da cidade.
Educación [editar]
Na cidade atópase a International University of Germany, unha das universidades privadas con máis fama de Alemaña.
Política [editar]
Armas da Cidade [editar]
As armas da cidade, empregadas dende hai moitos séculos, mostran unha cruz de prata en fondo azur cunha bola prateada no recuncho superior esquerdo. As cores do escudo son as da cidade, o branco e o azul. A cruz representa a Speyerische Kreuz xa que até o ano 1803 foi a cidade residencial do príncipe-bispo Speyer. A bóla superior é posibelmente unha errata transmitido ao longo dos anos, debido a que nas representacións antigas das armas esta non aparece.
Cidades Irmandadas [editar]
A cidade de Bruchsal manten relaciones de irmandade con outras cidades do mundo:
Sainte Menehould (Francia) dende 1965.
Cwmbran, (Gales, Reino Unido) dende 1979.
Sainte Marie-aux-Mines (Francia) dende 1989.
Persoeiros da cidade [editar]
- 1470 Joß Fritz, líder popular.
- 1882 Hugo Tröndle, artista.
- 1894 Leo Kahn, artista.
- 1896 Wilhelm Sauter, pintor e debuxante.
- 1901 Emil Belzner, escritor.
- 1923 Alexander Brändle, escritor.
- 1938 Franz Alt, xornalista e autor.
- 1949 Brigitte Mohnhaupt, terrorista da RAF.
- 1971 Thomas Hellriegel, triatleta.
- 1974 Anke Huber, xogadora de tenis.
- 1977 Christian Kritzer, futbolista.
- 1977 Diana Benítez, pedagoga.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||