Arteria recorrente radial
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A arteria recorrente radial é unha arteria do membro superior humano. Áchase na rexión anterior do antebrazo. É unha póla colateral da arteria radial. Forma un plexo arterial ao redor da articulación do cóbado e dá numerosas pólas que se distribúen polos distintos músculos veciños do antebrazo.
Ascende entre as pólas do nervio radial, sitúandose sobre o músculo supinador curto e entre o músculo braquiorradial e o músculo braquial anterior. Finalmente, anastomósase coa arteria umeral fonda.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.