Neuquén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°57′27″S 68°2′44″W / 38.95750°S 68.04556°W / -38.95750; -68.04556


Neuquén é unha cidade arxentina, capital da provincia de Neuquén, localidade máis poboada da Patagonia. Está situada no leste da provincia, no Departamento Confluencia, do que é cabeceira, e ocupa a franxa de terra próxima á confluencia do río Neuquén e o río Limay que dan orixe ao río Negro. Ten unha poboación de 233.000 habitantes (2010).

Demografía[editar | editar a fonte]

Barrios[editar | editar a fonte]

A cidade divídese en 46 unidades; entre barrios, a área centro e as súas subdivisións.[1][2]

A área centro está subdividida en áreas Este, tamén coñecida como “el alto”; Sur, entre a vía y a ruta, coñecida como “el bajo”, a máis netamente comercial; e Oeste, a partir da rúa Salta.

A continuación noméanse os barrios agrupados pola súa posición con respecto ao centro. Utilízanse os cadrantes que resultan de dividir a cidade segundo dous eixos: o eixo norte-sur da avenida Argentina-Olascoaga e o eixo leste-oeste da ruta 22, moi próxima á vía do ferrocarril. Os barrios noméanse ordenados segundo a súa proximidade ao centro:

Norte, na zona da meseta á beira da ruta provincial 7: Mercantil, Coperso, Patagonia, Unipol, Salud Pública, Alta Barda, 14 de Octubre, Copol, Terrazas del Neuquén e, máis afastados ao norte, Jaime de Nevares (que inclúe o Parque Industrial) e Colonia Nueva Esperanza (que se comezou a habitar en 1993 con pequenas explotacións agrícolas).

Noreste: Villa Farell, Mariano Moreno (entre a ruta e a vía) e os lindeiros ao río Neuquén: Santa Genoveva, Provincias Unidas, Sapere e, máis afastado cara ao norte, Rincón de Emilio (que inclúe unha urbanización pechada.

Sudeste: entre a ruta 22 e o río Limay: Belgrano e Confluencia (rural e urbano).

Sudoeste: Situados ao sur do centro e lindeiros á ruta 22: Nuevo e Villa Florencia. Cara ao sur sigue Villa María que lle da nome a un rego que desemboca no Limay. Lindeiros ao río: Río Grande (que inclúe unha urbanización pechada), Limay e Don Bosco (II e III). Máis alá da rúa Ignacio Rivas: La Sirena, lindeiro á ruta 22, e Militar (que inclúe terras do Comando de la Sexta Brigada de Montaña do Exército arxentino) e Valentina Sur (rural e urbano) entre a ruta e o río.

Noroeste: a zona situada ao oeste do centro reúne a maior cantidade de barrios e os barrios máis densamente poboados. Os máis próximos ao centro: Bouquet Roldán (entre a vía e a ruta), Cumelén (lindeiro á vía) Islas Malvinas, Villa Ceferino e Bardas Soleadas, este último ao pé da meseta. Síguenlle: El Progreso (lindeiro á meseta) e Gregorio Álvarez; Huiliches (lindeiro á vía), Unión de Mayo e MELIPAL (ao pé da meseta); Canal V (cortado pola vía), San Lorenzo (norte e sur, este último inclúe unha lagoa[3] e Gran Neuquén (norte e sur) e HIBEPA (que integra os barrios Independencia, Belén, Hipódromo e Alma Fuerte) estes últimos ao pé da meseta. Por último, e en límite con Plottier, atópase Valentina Norte (rural e urbano). Este último inclúe o Aeroporto Internacional Presidente Perón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.muninqn.gov.ar/ceim/censos/Población_por_Barrio.pdf Municipalidad de Neuquén Secretaría de Desarrollo Local, Dirección Municipal de Desarrollo Local, Estadísticas y Censos Centro de Estadística e Información Municipal, Censos, Densidad
  2. http://www.muninqn.gov.ar/ceim/censos/mapa_poblacion_por_Barrios.pdf Ibid
  3. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Neuquén