Piñeiro de Norfolk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñeiro de Norfolk
Norfolkpine001.jpg
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinophyta
Orde: Pinales
Familia: Araucariaceae
Xénero: Araucaria
Nome científico
Araucaria heterophylla
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
Detalle das follas.

A araucaria excelsa, araucaria ou piñeiro da illa Norfolk (Araucaria heterophylla; sinónimo: A. excelsa) é unha conífera distintiva, membro da antiga familia Araucariaceae. O seu nome vernacular débese a que esta árbore, que non é un piñeiro, é endémica da illa Norfolk, Australia, aínda que actualmente está amplamente cultivada en todo o mundo polo seu valor ornamental. De grande porte, pode ser encontrada tanto en rexións frías como quentes.

Coñécese tamén como piñeiro de Norfolk debido a que foi nesa illa perdida no océano Pacífico onde o lendario capitán Cook -o mariño inglés James Cook-, na súa segunda viaxe en 1774, descubriu os espléndidos bosques desta especie e informou debidamente ao almirantado. Os troncos de Araucaria heterophylla, rectos, fortes, de até 50 m de altura, foron uns bos mastros para a Real Armada inglesa.

O seu maior atractivo consiste na exacta simetría da ramaxe, xa que desde o recto tronco emite as súas pólas case horizontais ou levemente oblicuas, en número de cinco, formando pisos; o plano de cada piso é un pentágono perfecto. A follaxe está formada por follas con escamas. As follas son agullas, de 1 a 1,5 cm de lonxitude, cerca de 1 mm de espesura na base, en árbores novas, e encurvadas, de 5 a 10 mm de lonxitude. As piñas miden de 10 a 12 cm e de 12 a 14 centímetros de diámetro, e botan 18 meses para madurecer, cando se abren e liberan os piñóns, que son comestibles. O nome científico "heterophylla" ("diferentes follas") é pola variación das follas entre as plantas novas e as adultas.

É unha árbore dioica (froitos masculinos e femininos en distintas plantas), aínda que tamén pode ser monoica. Os froitos son conos globosos de até 12 cm de diámetro. A reprodución sexual da especie asegura a conservación da simetría, mentres que a obtención agámica de exemplares non podería asegurala.

A árbore adoita acadar alturas que van desde os 50 aos 80 m. En moitas partes do mundo son usadas como plantas decorativas de interiores (na súa etapa xuvenil), xa que é unha especie de crecemento lento.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: