Veigue, Sada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Veigue»)
Veigue
Praia de San Pedro.
ConcelloSada[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°22′31″N 8°17′52″O / 43.3754, -8.2979Coordenadas: 43°22′31″N 8°17′52″O / 43.3754, -8.2979
Poboación458 hab. (2019)
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Comba de Veigue é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 421 habitantes (216 homes e 205 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 328 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Praias[editar | editar a fonte]

  • A praia de Cirro, próxima ao porto de Lorbé, Oleiros, é unha praia semiurbana cun grao de ocupación alto. As súas augas son tranquilas e ten 280 m de longo e 57 m de largura media, coa area fina e branca. Non ten paseo marítimo, pero ten acceso para discapacitados[2].
  • A praia de San Pedro, moi próxima á anterior, é de características moi similares (260 m de longo por 50 m de largo). Non ten acceso para discapacitados e ten un cámping a poucos metros da area[3]
Praia de San Pedro, en Veigue. Ao fondo, o porto de Lorbé.

Cultura[editar | editar a fonte]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Veigue é un topónimo latino, inda que con orixe prerromana, que se refire á unha chaira cultivada e fértil. A súa aparición deuse entre os séculos X e XIII.[4][5]

Patrimonio perdido[editar | editar a fonte]

No Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela consérvanse testemuños documentais da existencia de dúas capelas, xa desaparecidas, na parroquia de Veigue, sen que haxa constancia da súa localización exacta[6].

  • Ermida de San Pedro: no libro de visitas da parroquia, en 1637-1640, faise referencia á confraría desta ermida, que carecía de rendas. Foi primeiro dos veciños, pero nos libros de visitas pastorais de 1770-1777 faise mención a un patrón, Vicente Villar de Francos, veciño da parroquia de San Martiño de Dorneda. El era o encargado de levar os ornamentos para a celebración da misa, que só se facía no mesmo día de San Pedro. Nesa altura deuse orde de non a celebrar máis alí mentres non se arranxase a ermida, cuxo estado era semirruinoso, sen máis adorno que a imaxe do santo nunha caixa e coa porta sen pechadura.
  • Capela do Viático: aparece mencionada, nunha visita de 1792, como o lugar onde se levaba o viático aos enfermos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "www.mma.es". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2010. 
  3. "www.mma.es". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2010. 
  4. Piel, J.M (1947). Nomes de lugar referentes ao relevo e ao aspecto geral do solo. Revista portuguesa de filologia. Vol. I, tomo I (Coimbra). pp. 153–197. 
  5. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  6. Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2014). "Ermidas e capelas desaparecidas na comarca das Mariñas" (PDF). Anuario Brigantino (37): páx. 303. ISSN 1130-7625. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Veigue[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Veigue no concello de Sada (A Coruña)

A Besta | O Chan da Agra | Chan da Aldea | Cirro | Creba o Carro | O Cruceiro | A Faramenga | A Fraga | Os Lagos | Lapa | A Ortiga | O Quintán | San Pedro | Soutilo | A Valexa

Parroquias de Sada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sada

Carnoedo (Santo André) | Meirás (San Martiño) | Mondego (San Xián) | Mosteirón (San Nicolao) | Osedo (San Xián) | Sada (Santa María) | Soñeiro (San Xián) | Veigue (Santa Comba)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]