Anne Frank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anne Frank
Nome completoAnnelies Marie Frank
Nacemento12 de xuño de 1929
Lugar de nacementoFrankfurt, Alemaña
Falecementofebreiro ou marzo de 1945
Lugar de falecementoCampo de concentración de Bergen-Belsen, Baixa Saxonia, Alemaña
CausaTifo
SoterradaBergen-Belsen
NacionalidadeAlemá até 1941
Sen estado dende 1941
EtniaAsquenací
RelixiónXudaísmo reformista
Alma máter6th Montessori School Anne Frank
Ocupacióndiarista
PaiOtto Frank
NaiEdith Frank
IrmánsMargot Frank e Eva Schloss
Coñecida porDiario de Ana Frank e Tales from the Secret Annex
Na rede
https://www.annefrank.org
IMDB: nm0290833 Allocine: 37054 IBDB: 4177
Facebook: annefrankauthor Bitraga: 1243 iTunes: 31091649 Musicbrainz: 264a2f9c-e362-47fc-aa3c-9dafc51a9a61 Discogs: 1709460 WikiTree: Frank-1225 Find a Grave: 6870415 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Annelies Marie Frank, máis coñecida como Anne Frank ou Ana Frank, nada en Frankfurt o 12 de xullo de 1929 e finada aos quince anos, en marzo de 1945, foi unha xudía vítima do nazismo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estatua de Ana Frank en Utrecht.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Cando era pequena tivo que abandonar Alemaña xunto coa súa familia fuxindo dos nazis. Mudáronse a Ámsterdan, pero cando en 1940 os Países Baixos foron invadidos polos alemáns as cousas comezaron a se poñer difíciles para os xudeus residentes alí.[1]

Agochada en Ámsterdam[editar | editar a fonte]

En 1942, Ana e a súa familia por mor da persecución dos nazis tiveron que agocharse no que na construción tradicional de Ámsterdam se denomina Achterhuis ou Het Achterhuis (traseira da casa)[2] no edificio das oficinas do seu pai e ao que se accedía por unha entrada secreta. Compartiron o refuxio con outras catro persoas máis, en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás”. Durante a súa estancia no agocho, que durou máis de dous anos, Ana relatou todas as súas vivencias no seu diario ata o 4 de agosto de 1944, data en que foron descubertos e detidos por axentes das SS.[1]

Envío aos campos nazis[editar | editar a fonte]

Estatua de Ana Frank en Barcelona.
Xente esperando na cola diante da entrada da Casa de Anne Frank en Ámsterdam
A escola Anne Frank en Ámsterdam
Fachada principal do edificio das oficinas de Otto Frank, onde se atopaba a Achterhuis, a "Casa de Atrás".
Unha árbore grande, carente de follaxe
A árbore de Ana Frank no xardín detrás da Casa de Ana Frank

Os oito ocupantes do refuxio foron enviados primeiro ao campo de prisioneiros de Westerbork e logo ao campo de concentración de Auschwitz. Un mes máis tarde, Ana e a súa irmá Margot foron deportadas ao campo de Bergen-Belsen no norte de Alemaña.

Morte en Bergen-Belsen[editar | editar a fonte]

Alí morreu Margot a causa dunha epidemia de tifo, e uns días despois tamén morreu Anne. As datas das súas mortes deben situarse en marzo de 1945, os seus corpos descansan posiblemente nunha das fosas comúns do campo. Margot tiña dezanove anos e Anne estaba a piques de facer dezaseis anos.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Dos oito ocupantes da “Casa de Atrás” só Otto Heinrich Frank, o pai de Anne conseguiu sobrevivir, el ocupouse de dar a coñecer a obra da súa filla. O Diario de Ana Frank considérase o testemuño escrito máis importante do Holocausto, todo un best-séller traducido a 55 idiomas. Hai catro versións do mesmo, o primeiro orixinal, unha versión nova feita por Anne, outra mestura de ambos publicada postumamente revisada polo pai e outra edición ampliada.

Anne Frank, Verzameld Werk (Obra completa) ten 710 páxinas, inclúe fotos da nena, da súa familia e do contorno, así como as varias versións do Diario. Unha obra escrita nun caderno con tapas de tela que ela chamou Kitty, e refíxo en 1944 cando oíu pola radio que pezas como a súa serían recopiladas tras a contenda. O primeiro borrador, a versión mellorada e a edición publicada en Holanda en 1947 aparecen xuntas no novo libro.[3]

Tivo unha adaptación teatral en 1955 e unha cinematográfica en 1959, as dúas estreadas con grande éxito. En 2021 foi realizado o filme Mijn beste vriendin Anne Frank (A miña mellor amiga Anne Frank").[4]

Tamén se publicaron algúns dos contos que Ana escribiu durante o seu encerro que demostran a grande escritora que puido chegar a ser. Ana escribiu: “A pesar de todo sigo pensando que a xente é boa”.

Legado[editar | editar a fonte]

O Fondo de Ana Frank foi creado en 1963 por Otto Frank, o seu pai e único supervivente dos oito escondidos de Ámsterdam.[5] Ten os dereitos da obra da nena, que no seu Diario deixou escrito o seguinte: “Sabes Kitty, o que máis me gusta é que polo menos podo escribir os meus sentimentos e pensamentos. Doutro xeito abafaría”.

En 1997, o Centro Educativo de Ana Frank (Jugendbegegnungsstätte Anne Frank) foi inaugurado no Dornbusch barrio de Frankfurt, onde Frank viviu coa súa familia até 1934. O centro é "un lugar onde os mozos e os adultos poden coñecer a historia do nazismo e discutir a súa relevancia até hoxe".[6]

En 2009, a súa obra manuscrita foi incluída pola UNESCO na lista de documentos considerados patrimonio mundial.[3]

O apartamento Merwedeplein, onde viviu a familia Frank desde 1933 até 1942, permaneceu de propiedade privada até a década de 2000. Despois de aparecer nun documental de televisión, o edificio, en grave estado de mal estado, foi adquirido por unha corporación habitacional holandesa. Axudado por fotografías tomadas pola familia Frank e descricións en cartas escritas por Ana Frank, foi restaurado ao seu aspecto da década de 1930. Inaugurouse en 2005. Cada ano, un escritor que non pode escribir libremente no seu propio país é seleccionado para un arrendamento dun ano, durante o cal reside e escribe no piso. O primeiro escritor seleccionado foi o novelista e poeta alxerino El-Mahdi Acherchour.[7]

Achterhuis[editar | editar a fonte]

A Achterhuis, a “Casa de Atrás” é unha das principais atraccións turísticas de Ámsterdan. A Fundación Anne Frank e a Anne Frank Fonds, institucións fundadas por Otto Frank, seguen a funcionar hoxe en día e dirixen as súas accións contra a intolerancia e a discriminación racial.

A Casa de Ana Frank abriuse o 3 de maio de 1960. Consta do almacén e das oficinas de Opekta e da Achterhuis, todas sen amoblar para que os visitantes poidan pasear libremente polas salas. Quedan algunhas reliquias persoais dos antigos ocupantes, como fotografías de estrelas de cine pegadas por Anne a unha parede, unha sección de papel tapiz na que Otto Frank marcaba a altura das súas fillas en crecemento e un mapa na parede onde rexistrou o avance dos aliados, todas protexidas agora tras vidro acrílico.

A Casa ofrece información a través de internet e ofrece exposicións. Dende a pequena sala que foi a casa de Peter van Pels, unha pasarela conecta o edificio cos seus veciños, tamén adquirido pola Fundación. Estes outros edificios úsanse para albergar o diario, así como exposicións rotativas que narran aspectos do Holocausto e exames máis contemporáneos da intolerancia racial en todo o mundo.[7]

É unha das maiores atracións turísticas dos Países Baixos. Recibiu unha media de 1,2 millóns de visitantes entre 2011 e 2020.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Anne Frank: biografía, estudos, relacións, morte - Ciencia - 2022". warbletoncouncil. Consultado o 2022-09-02. 
  2. "Visita a la Casa de Ana Frank – EnÁmsterdam" (en neerlandés e castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2022. Consultado o 2022-09-02. 
  3. 3,0 3,1 Trasno, Arquivos Do (2013-11-15). "Arquivos do Trasno: TODO ANA FRANK: O SEU DIARIO E MOITO MÁIS". Arquivos do Trasno. Consultado o 2022-09-02. 
  4. "Mi gran amiga Ana Frank (2021)" (en castelán). Consultado o 2022-09-02. 
  5. Informe anual Anne Frank-Fonds 2003.
  6. Anne Frank Sitio web do centro educativo 2012.
  7. 7,0 7,1 Informe anual da Casa de Ana Frank 2005.
  8. "Visitantes do Anne Frank Huis en Amsterdam 2020". Statista (en inglés). 2021. Consultado o 2021-12-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]