Cachelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polbo con cachelos
Lacón con cachelos e grelos

Cachelo é a denominación que en Galicia se dá a un anaco ou cacho de pataca. Non se trata de ningunha variedade de pataca específica con esta denominación.

Xeralmente o produto vén cortado en toradas e acompaña moitos pratos da gastronomía galega, cobrando especial relevancia no coñecido como polbo á feira, ou tamén as sardiñas.

Nalgunhas zonas denomínanse cachelos ás patacas cocidas con monda, sen engadir máis nada que auga e sal [1]. Noutros casos é tamén o nome dos cachos de pataca con ollos que se emprega para semente.

[editar] Notas

  1. En Sada, Cabalar, Toba, Dumbría, Compostela, Novefontes, O Grove, O Valadouro ou Ramirás, segundo Constantino García Glosario de voces galegas de hoxe.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas