Amaia Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmaia Romero

(2022, Barcelona) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1999 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAmaia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoPiano, guitarra, ukelele, Mandolina e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Festival de Eurovisión 2018
2017Operación Triunfo 2017 (1ª) Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaAlfred García (2017–2018) Editar o valor em Wikidata

Páxina webamaiaromeroarbizu.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4977202 Facebook: amaiaromerooficial Twitter: amaiaromero Instagram: amaia Youtube: UCt0an2BaeA5NH8OR_BSk1hw TikTok: amaia Spotify: 1WLEfsQjvgtFSGkrHonzFX iTunes: 1302548026 Last fm: Amaia+Romero Musicbrainz: fd352180-b8c4-4ca3-a8e8-af21d2648372 Songkick: 9403214 Discogs: 6333622 Allmusic: mn0003683888 Deezer: 6167636 Genius: Amaia Editar o valor em Wikidata


Amaia Romero Arbizu, nada en Pamplona o 3 de xaneiro de 1999, é unha cantante española. Deuse a coñecer tras participar en Operación Triunfo 2017, onde chegou até a final e foi proclamada gañadora. Ademais, foi seleccionada xunto á súa parella Alfred García para representar España no Festival da Canción de Eurovisión 2018 con «Tu canción», composta por Raúl Gómez e Sylvia Santoro.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Ángel e Javiera, pertence a unha familia de músicos, na que destaca o seu tío Joaquín, que foi xerente do Orfeón Pamplonés desde 2008 até 2016, ademais da Orquestra Pablo Sarasate durante dous anos. El foi quen descubriu cando era pequena que tiña oído absoluto.[3][4]

Pola familia materna, Amaia é sobriña de Carmen Arbizu, catedrática de Canto do Conservatorio Superior de Música de Navarra desde 1990. Amaia cursou estudos superiores de piano, un dos varios instrumentos que toca.[5]

Residente no barrio de Mendillorri, pasou boa parte da súa infancia en Sorauren, onde acudía cada sábado para xantar na casa que posuían os seus bisavós.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

2010-2016: Inicios[editar | editar a fonte]

En 2010, con 11 anos, participou no talent show infantil Cántame una canción de Telecinco, onde cantou xunto a David Civera e Sergio Rivero, gañador de Operación Triunfo 2005.[6] En 2011, foi unha das gañadoras da bolsa de Rock Camp 2011, participando no campamento durante o 2011 e 2012.[7]

En 2012 participou na primeira edición de El número uno, conseguindo entrar no concurso tras interpretar o tema «Here Comes the Sun» xunto ao seu ukelele. Tras seis semanas no concurso, Amaia foi expulsada despois de baterse co concursante máis veterano, Alberto Pestaña. O xurado estaba composto por importantes cantantes españois como David Bustamante, Ana Torroja, Miguel Bosé, Natalia Jiménez e Mónica Naranjo, que dedicou unhas tenras palabras á nova:

«Por la experiencia que yo he tenido, por todo lo que he visto, si las personas adultas no estamos preparadas para el éxito, imagínense una cría. Amaia, te juro que te estoy haciendo el favor de tu vida. Ahora que eres joven, si haces una pausa y lo retomas dentro de unos años, entonces volarás, pero si te quedas aquí, con lo pequeñita que eres, te devorarán. ¿Me perdonas? Yo sé que es bueno para ti. Sé que va a ser lo mejor. Nos veremos dentro de unos años y ya verás que te irá bien.»[8]

Curiosamente, Mónica Naranjo formou parte do xurado de Operación Triunfo 2017, edición na que participaría Amaia.

Tras uns anos de formación, Amaia colaborou coa banda navarra Lemon e Tal na canción «Cicatrices de mi realidad».

2017-2018: Operación Triunfo e Eurovisión[editar | editar a fonte]

En 2017, Amaia Romeu presentouse ao cásting de Operación Triunfo, concurso musical que volvía tras varios anos sen emisión. A cantante foi seleccionada e actuou por primeira vez no estudio de Operación Triunfo o 23 de outubro de 2017, coa canción «Starman» de David Bowie. A pesar de ser proposta polo xurado para non entrar no concurso, foi salvada polos profesores da academia.[9] Ao longo do seu paso polo programa, foi proposta como favorita do público durante varias semanas, logrando selo en tres ocasiones.

O 15 de xaneiro de 2018, Amaia converteuse en finalista do concurso grazas aos 40 puntos (máxima puntuación na historia do programa) outorgados polos membros do xurado do programa. Máis tarde, o 5 de febreiro do mesmo ano, foi proclamada gañadora da edición cun 46% dos votos.[10]

Doutra banda, ao estar entre o cinco finalistas de Operación Triunfo, foi candidata a representar España no Festival de Eurovisión 2018. Así, fóronlle asignados os temas «Al cantar», composta por Rozalén que defendeu en solitario, e «Tu canción», composta por Raul Gómez e Sylvia Santoro, que cantou xunto á súa parella Alfred García.[11] Esta última foi finalmente a escollida co 43% dos votos para ser cantada en Lisboa.[12]

En abril de 2018, participou nun concerto homenaxe, xunto a Alfred García, chamado Amaia, Alfred e amigos, realizado por RTVE antes da súa partida cara Lisboa e Eurovisión. Neste concerto, cantaron algunhas das súas cancións favoritas con artistas como Zahara e Love of Lesbian. Ademais, Amaia e Alfred estrearon a versión en inglés de «Tu canción», chamada «Your song».​ Este concerto foi emitido vía Internet o 26 de abril, mais o 9 de maio foi reemitido a través de La 2 de Televisión Española.

O martes día 8 de maio tivo lugar a primeira semifinal na que España tivo dereito a voto (hai que recordar que, como membro do Big Five[13], España pasa directamente á final). Como representantes de España, Amaia e Alfred estiveron presentes na primeira semifinal e mostrouse un minuto da súa actuación do ensaio xeral do día anterior​. Xusto un día despois da primeira semifinal, fíxose oficial que «Tu canción» era disco de platino.

O sábado 12 de maio celebrouse en Lisboa a Gran Final do Festival, na que actuaron en segundo lugar, Amaia levó un vestido deseñado por Teresa Helbig e Alfred un traxe de Paco Varela​. Tras as votacións, quedaron en vixésimo terceira posición, de veintiséis países, con 61 puntos (43 do xurado profesional e 18 do televoto).

2018-presente: carreira en solitario[editar | editar a fonte]

O 31 de maio actuou na décimo oitava edición do festival Primavera Sound xunto á banda catalana The Free Fall Band.

Dende o seu paso polo programa, varios foron os artistas que quixeron contar coa súa colaboración. Durante o concerto en Pamplona, o 19 de maio, da cantautora albaceteña Rozalén, Amaia foi invitada a subirse ao escenario onde interpretou o tema «Al cantar», que Rozalén escribira para ela durante a súa estancia na academia de OT.​ Tamén o grupo catalán Love of Lesbian invitouna a participar nun dos sesus concertos do 20 aniversario do grupo celebrado no Teatro Circo Price de Madrid.

O 28 de xullo actuou en solitario ante máis de 1 700 persoas no Teatro Real de Madrid, dentro do Universal Music Festival.

O 22 de novembro publicouse a súa colaboración coa banda Carolina Durante, un tema titulado «Perdona (Ahora sí que sí)» e a versión de "Al Cantar" con Rozalén.

O 14 de decembro, Amaia anunciou a través das súas redes sociais que un pequeno tema chamado «Un nuevo lugar»[14] , sairía publicado o día 18 do mesmo mes.

O 26 de decembro interpretou «Perdona (Ahora sí que sí)» co piano na gala de navidad de Operación Triunfo.

O 2 de febreiro de 2019 foi invitada aos Premios Goya onde actuou xunto a Rozalén e mais Judit Nedderman e tamén tivo a oportunidade de entregar un premio.

Influencias e estilo[editar | editar a fonte]

É afeccionada a escoitar calquera xénero de música. Os seus cantantes favoritos son The Beatles e Marisol. Ademais, é afeccionada ao flamenco.[15]

Durante a súa estancia na academia, durante o seu tempo libre, Amaia demostrou a súa versatilidade no piano ao interpretar diversos temas de distintos estilos.[16]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • 2018: Amaia Romero. Sus Canciones

Sencillos[editar | editar a fonte]

Colaboraciones[editar | editar a fonte]

Xiras[editar | editar a fonte]

Conxuntas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alfred, protagonista del romance más tierno de OT 2017". 
  2. "La pareja de moda de ‘Operación Triunfo’". 
  3. Fernández, Eva. "La familia de Amaia Romero nos acerca a su lado más desconocido". diariodenavarra.es (en castelán). Consultado o 30 de enero de 2018. 
  4. "Operación Triunfo: conocer el cerebro de Alfred a través del jazz". 
  5. "El éxito de Amaia en ‘Operación Triunfo’ no es una casualidad". ISSN 1134-6582. 
  6. "Amaia ya conquistó a Noemí Galera en el 'Cántame una canción' de Pilar Rubio". 
  7. Héctor Miguel. "Amaia Romero en Operación Triunfo". 
  8. "El debut de Amaia Romero ('Operación Triunfo') fue en 'El Número Uno'". Antena3.com (en castelán). Consultado o 30 de enero de 2018. 
  9. "OT 2017: Los mejores momentos de la gala de estreno de Operación Triunfo". 
  10. "Amaia gana 'OT 2017'". 
  11. "Operación Triunfo: Amaia de OT hace a todos soñar con 'Al Cantar', pero no convence para Eurovisión - Marca.com". 
  12. "Amaia Romero y Alfred García llevarán 'Tu canción' a Eurovisión. Republica.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 11 de abril de 2018. 
  13. {{Os cinco países que pasan directamente á final (España, Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido e máis o ganador da edición anterior)}}
  14. {{A súa introducción ao mundo da música e despedida definitiva a Operación Triunfo
  15. "Hermano de Amaia Romero: "Me preocupa que se marque en un estilo tan comercial"". 
  16. "Por qué tú también tienes que querer a Amaia aunque no veas Operación Triunfo".