Sergio Rivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSergio Rivero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1986 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor de cancións Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony BMG Editar o valor em Wikidata
Participou en
2005Operación Triunfo 2005 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1981851 Musicbrainz: fedc6714-1dc7-4ce7-b6c3-32406d9ac69d Discogs: 1255958 Genius: Sergio-rivero Editar o valor em Wikidata
Sergio Rivero.

Sergio Rivero Hernández, nado nas Palmas de Gran Canaria o 1 de abril de 1986, é un cantante de música pop, que gañou a cuarta edición do famoso concurso televisivo Operación Triunfo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sergio Rivero foi o gañador da cuarta edición de Operación Triunfo, logo de deixar o seu traballo como caixeiro dun hipermercado Carrefour en Gran Canaria, para ingresar na academia. É gran amante das baladas, do soul e do rhythm & blues. A súa artista máis admirada é Alicia Keys. Xamais participou antes nalgún grupo de música.

Os seus primeiros estudos realizounos no Oakley College, ata os 6 anos, e despois pasou ao Canterbury School, onde concluíu o bacharelato. Por esta razón, os seus profesores da academia, por exemplo Àngel Llàcer ou Edith Salazar, destacaron, dentro das súas moitas calidades, a pronuncia do inglés.

Tras a selectividade, Sergio comezou a Licenciatura de Dereito, pero non concluíu a carreira e deixou de lado os libros para entregarse á música. El mesmo defínese como extravertido, amigo dos seus amigos e pouco rencoroso. Sergio recoñece que a súa gran paixón sería vivir da música e cre que está realmente preparado para iso, tanto psicolóxica como musicalmente.

Quiero: o seu primeiro disco[editar | editar a fonte]

O 29 de novembro de 2005, o artista canario publica o seu primeiro álbum Quiero.[1] É un disco gravado en Roma e Madrid.[2] As súas cancións forman parte dun gran abanico de estilos desde o primeiro single; a canción Como cambia la vida, un bolero no que ensina o seu lado máis tenro e as calidades da súa voz. Á súa vez no disco aparecen estilos latinos enriquecidos con instrumentos atípicos no pop como o timple canario e o acordeón. O seu segundo single foi "Me envenena". Conseguiu o Disco de platino e vendeu máis de 150.000 discos segundo a súa axencia de contratación[3][4] A canción La llave de tu corazón foi composta por el e por Pablo Pinilla, produtor do disco.

Contigo[editar | editar a fonte]

O 28 de novembro de 2006 publícase o seu segundo disco Contigo, a través de Sony BMG. O single de presentación é Contigo, orixe do título do disco.

Cinco meses máis tarde, Sergio regresou á escena musical co segundo single do disco, o tema "Bajo el sol". Con isto, Sergio e Sony BMG finalizan definitivamente a promoción do disco Contigo, do cal foi Disco de ouro por vender máis de 40.000 copias en España.

En xuño de 2007 Sergio Rivero ingresou no Musician Institute dos Ánxeles (California) para perfeccionar os seus coñecementos de piano e impulsar a súa incursión na composición.

Sergio Rivero, xunto con Malú, participou no musical Jesucristo Superstar co tema Getsemaní.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • Quiero (2005; 150.000 copias)
  • Contigo (2006; 50.000 copias)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Como cambia la vida" (2005)
  • "Me envenena" (2006)
  • "A escondidas" (2006)
  • "Contigo" (2006)
  • "Bajo el sol" (2007)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sergio Rivero: "Se defendo ben o proxecto, creo que terei sorte"". los40.com (en castelán). 10 de novembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 1 de setembro de 2018. 
  2. "Sergio Rivero ('OT 4') comeza en Madrid a gravación do seu primeiro disco en solitario". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2009. 
  3. "RLM". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 15 de decembro de 2009. 
  4. 150.000 de Quiero

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Vicente Seguí
Gañadores de Operación Triunfo
2005
Sucesor:
Lorena Gómez