Alexandra Lucas Coelho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexandra Lucas Coelho

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nova de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Alexandra Lucas Coello, nada en Lisboa en 1967, é unha xornalista e escritora portuguesa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacida en Lisboa en 1967, estivo a piques de nacer na Illa do Sal, en Cabo Verde.[2]

Estudou teatro no IFICT e Ciencias da Comunicación na Universidade Nova de Lisboa, traballou como correspondente do xornal Público, viaxando polo Oriente Medio e Asia Central. A experiencia foi retratada nos seus primeiros libros, os relatos de viaxe Oriente Próximo e Caderno Afegão. Exerceu de xornalista desde 1987.[3] Viviu en Xerusalén e no Río de Xaneiro de 2011 a 2014.

Como reporteira cubriu lugares como a URSS e Europa do leste, Bosnia, Afganistán, Paquistán, o Líbano, Siria, Exipto, Turquía, Israel/Palestina, a India, Mozambique, Suráfrica, México e o Brasil.[4] Durante dez anos traballou na radio, colaborando tamçen coa RDP.[5]

Publicou en 2012 a súa primeira novela, E a noite roda.

Traballo no Oriente Medio[editar | editar a fonte]

En 2001 Coello comezou a viaxar regularmente para o Oriente Medio e Asia Central, e entre 2005 e 2006 pasou seis meses en Xerusalén como correspondente estranxeira do Público. Estas experiencias foron a base dos seus primeiros dous libros, Oriente Próximo e Caderno Afgán. Viva México, publicado en 2010, cobre a viaxe dela polo México.[6]

Alexandra Lucas Coello tamén contribuíu para a conservación da cultura do Oriente Medio. En maio de 2015, acompañou un equipo de arqueólogos ao norte do Iraq para rescatar artefactos da Mesopotámia, ameazados de seren destruídos polo Estado Islámico, coñecido como ISIS. Esta expedición ocorreu na campo de batalla do territorio do ISIS nas antigas ruínas de Palmira, Patrimonio Mundial da UNESCO en Siria. A campaña do ISIS culminou coa destrución dos monumentos milenares de Palmira, e tamén coa captura e decapitación do arqueólogo xefe nesta área, Khaled al-Asaad. Coelho escribe sobre a súa experiencia na división kurda e xihadista no ensaio Saving Mesopotamia que foi traducido por Jethro Soutar, un escritor inglés e tradutor de español e portugués.[7]

Obras[editar | editar a fonte]

Viaxes, crónica, reportaxes[editar | editar a fonte]

  • Oriente Próximo (2007). Relógio D`Água. 298 páxs.
  • Caderno Afegão (2009). Tinta da China. 336 páxs.
  • Viva México (2010). Tinta da China. 400 páxs. Ed. de Companhia das Letras en 2018.
  • Tahrir! (2011). Tinta da China. 144 páxs. Alexandra Lucas Coelho viviu a Revolución do Exipto no Cairo. Estivo na Praza Tharir, durmiu na Praça Tharir e foi na Praza Tharir que viu Hosni Mubarak caer do poder.
  • Vai Brasil (2013). Tinta da China. 328 páxs.
  • Saving Mesopotamia (2015). Translated by Jethro Soutar.[7]
  • Cinco Voltas na Bahia e um Beijo para Caetano Veloso (2019). Editorial Caminho. 272 páxs. O libro da Bahia. É o último volume dunha triloxía, sendo os dos outros Vai, Brasil (1) e Deus-dará (2).

Novelas[editar | editar a fonte]

  • E a Noite Roda (2012). Tinta da China. 248 páxs. Historia de amor entre uma xornalista catalã – Ana Blau, a narradora – e un xornalista belga que se coñecen en Xerusalén.[8] Ed. de Companhia das Letras, 2017.
  • O Meu Amante de Domingo (2014). Tinta da China. 184 páxs. Unha muller de ao redor de cincuenta anos mastiga unha vinganza contra un home (o cabrão, o filho da puta, o cauboi) ben máis novo ca ela coa que tivo un curto e cálido flirte de verán no Alentejo.[9] Libro traducido ao francés.
  • Deus-dará (2016). Tinta da China. 568 páxs. Sete Días na Vida de São Sebastião do Río de Janeiro, ou o Apocalipse segundo Lucas, Judite, Zaca, Tristão, Inês, Gabriel & Noé.
  • A Nossa Alegria Chegou (2018). Companhia das Letras. 200 páxs. Tres amigos mozos, Ira, Ossi e Aurora, xúntanse nun pacto: facer uma revolución en Alendabar, o lugar onde viven, no primeiro día do Outono.

Infanto-xuvenís[editar | editar a fonte]

  • Orlando e o Rinoceronte (2017). Alfaguara Portugal. 120 páxs. Neste livro Orlando viaxa co rinoceronte máis famoso do mundo: Ganda, o rinoceronte indiano que foi dado de presente a Afonso de Albuquerque, entón gobernador na India.
  • Orlando e o Tambor Mágico. As Aventuras de Orlando N.º 2 (2019). Alfaguara Portugal. 160 páxs. Orlando viaxa co pai até a Guiné-Bissau, en África, e descobre que as árbores tamén falan e hai tambores máxicos que veñen das árbores. Esta segunda aventura da serie está inspirada nuunha viaxe que Alexandra Lucas Coelho fixo á Guiné-Bissau na altura do 25 de Abril, a revolución da liberdade.[10]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2005: Grande Premio Gazeta
  • 2012: Gran Premio de Novela e Novela APE/ Dirección Xeral do Libro, dos Arquivos e das Bibliotecas por E a Noite Roda.[11]
  • Tamén obtivo o Clube Português de Imprensa e o da Casa da Imprensa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista Alexandra Lucas Coelho, escritora portuguesa". portuguese.cri.cn (en portugués). Consultado o 2020-04-09. 
  2. "Do Tarrafal vê-se o império português (44 anos depois do 25 de Abril). BUALA". www.buala.org (en portugués). Consultado o 2020-04-09. 
  3. "Alexandra Lucas Coelho". Granta (en inglés). Consultado o 2020-04-09. 
  4. "Alexandra Lucas Coelho". Premio y Festival Gabo (en castelán). 2018-06-07. Consultado o 2020-04-09. 
  5. "“E a noite roda”, de Alexandra Lucas Coelho, vence Grande Prémio de Romance e Novela". ionline (en portugués). Consultado o 2020-04-09. 
  6. "Authors". And Other Stories (en inglés). Consultado o 2020-04-09. 
  7. 7,0 7,1 "Saving Mesopotamia". Granta (en inglés). 2015-10-14. Consultado o 2020-04-09. 
  8. Queirós, Luís Miguel. "Alexandra Lucas Coelho vence Grande Prémio de Romance da APE". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-09. 
  9. Lorenzo Gil, César (2015-10-14). "‘O meu amante de domingo’, chicotazos en fala portuguesa". BiosBardia. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-09. 
  10. "Orlando e o Tambor Mágico - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-09. 
  11. "APE - Associação Portuguesa de Escritores". www.apescritores.pt. Consultado o 2020-04-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]