Agatha Christie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'
Agatha Christie.png
Agatha Christie
Datos persoais
Nacemento 15 de setembro de 1890
Lugar Torquay, Devon
Falecemento 12 de xaneiro de 1976
Lugar Cholsey, Oxfordshire
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Archibald Christie (1914-1928)
Max Mallowan (1930-1976)
Fillos Rosalind Hicks (1919-2004)
Relixión
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua inglés
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros novela de misterio
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}


Agatha Mary Clarissa Miller Christie, nada en Torquay, Devon, o 15 de setembro de 1890 e falecida en Cholsey, Oxfordshire, o 12 de xaneiro de 1976, foi unha escritora inglesa de novelas de misterio. Tamén escribiu novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. É coñecida como a Raíña do Crime.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agatha Christie é a escritora de misterio máis coñecida do mundo. Ata o 2003 vendéranse máis de mil millóns de exemplares dos seus libros en inglés e outros mil millóns traducidos a máis de 45 idiomas. Como exemplo do seu éxito internacional, é a escritora que máis libros vendeu en Francia con máis de 40 millóns de exemplares (ata 2003), contra 22 millóns de Émile Zola, o seu competidor máis próximo.

A súa obra de teatro The Mousetrap (A ratoeira), baseada no seu relato Three Blind Mice and Other Stories) ten o récord de permanencia en carteleira en Londres, con máis de 20.000 representacións desde o seu estreo no teatro Ambassadors o 25 de novembro de 1952 ata a actualidade.

Christie publicou máis de oitenta novelas e obras de teatro, principalmente do tipo do cuarto pechado e con argumentos onde intervén un dos seus personaxes principais, ben Hercules Poirot ou ben Miss Marple. Se ben lle gustaba variar a forma establecida do relato de detectives (un dos seus primeiros libros, The Murder of Roger Ackroyd, é famoso polo seu sorpresivo desenlace), era escrupulosa en xogar limpo co lector ó asegurarse de dar toda a información para resolver o problema.

A maioría das súas novelas e relatos foron levados ó cine, algúns en máis dunha ocasión, como Murder on the Orient Express ou Death on the Nile.

Agatha Christie estivo escribindo desde o final da Primeira Guerra Mundial, cando creou o seu personaxe Hercules Poirot, o pequeno detective belga coa súa cabeza con forma de ovo e a súa paixón pola orde, e desde entón un dos detectives máis populares desde Sherlock Holmes. Poirot e os seus outros detectives (como Miss Marple) apareceron tamén nas numerosas películas, programas de radio e representacións teatrais baseados nos libros de Agatha Christie.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Placa en lembranza de Agatha Christie no exterior da Torre Abbey, en Torquay

Agatha Christie naceu na vila de Torquay (condado de Devon), de pai norteamericano e nai británica, se ben nunca tivo a nacionalidade estadounidense.

O seu primeiro matrimonio, nada feliz, tivo lugar en 1914, co coronel Archibald Christie, aviador do Royal Flying Corps. A parella tivo unha filla, Rosalind Hicks, e divorciouse en 1928.

Durante a Primeira Guerra Mundial traballou nun hospital e no dispensario do mesmo, o que tivo certa influencia na súa obra: moitos dos asasinatos que relata lévanse a cabo con velenos.

En decembro de 1926 desapareceu durante once días, causando gran alarma na prensa. O seu vehículo atopouse abandonado nunha canteira. Finalmente atopóuselle nun hotel de Harrogate, onde dixo sufrir amnesia a causa dun ataque de nervios trala morte da súa nai e a confesión de infidelidade por parte do seu marido. Aínda hoxe se discute se todo é verdade ou simplemente un truco publicitario. Esta aventura foi filmada en 1979 co título de Agatha, coa actuación de Vanessa Redgrave.

En 1930 casou co católico Max Mallowan, un arqueólogo 14 anos menor. Acompañouno nas súas viaxes ó Medio Oriente, que serviron de trasfondo a varias das súas novelas.

En 1961 foi nomeada membro da Real Sociedade de Literatura, e feita doutora honoris causa en Letras pola Universidade de Exeter.

En 1971 concedéuselle o título de Dama do Imperio Británico (Dame), o equivalente feminino do título de Sir, un título de nobreza que naquela época se concedía con menos frecuencia ás mulleres do que se fai con xustiza hoxe en día.

Agatha Christie morreu de causas naturais o 12 de xaneiro de 1976, con 85 anos, en Winterbrook House, Cholsey, cerca de Wallingford, Oxfordshire. Está enterrada no camposanto da igrexa de St. Mary, en Cholsey.

Varios dos seus libros foron publicados a título póstumo, entre eles a súa autobiografía.

Actualmente estanse programando videoxogos adaptados dos libros de Agatha Christie.

Ademais de ser escritora detectivesca escribiu seis novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott, algunhas obras teatrais e un libro de poemas.

Unha das características principais da prosa detectivesca de Agatha Christie é que se desenvolven no que se denomina o whodunit; o que permite ó lector ensaiar hipóteses e, en suma, intentar adiviñar a identidade do culpable antes de acabar a lectura do relato.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Obras en colaboración[editar | editar a fonte]

Obras de teatro adaptadas en forma de novelas por Charles Osborne[editar | editar a fonte]

Obras escritas como Mary Westmacott[editar | editar a fonte]

Obras de teatro[editar | editar a fonte]

Obras para radio[editar | editar a fonte]

Obras para televisión[editar | editar a fonte]

Adaptacións cinematográficas[editar | editar a fonte]

Realizáronse varias producións -fundamentalmente británicas e norteamericanas- baseadas literal ou de forma máis libre nas súas historias, coa única excepción dun film de 1979 (Agatha do británico Michael Apted) no que se tomaba a figura directa da escritora e se intentaba dilucidar sobre un suceso real relacionado con ela: a súa misteriosa desaparición durante varios días en 1926.

Suxestión mortal (1937, Rowland V. Lee) e And Then There Were None (1944, René Clair) son as primeiras adaptacións importantes sobre Christie, sendo a primeira un bo drama de misterio hoxe esquecido, e a segunda unha pequena obra mestra do cine de suspense con inolvidable reparto de secundarios tan famosa como pouco revisada. Logo virían 4.50 from Paddington (1962, George Pollock), o éxito do cal iniciou unha serie de películas centradas nos casos da señorita Marple, interpretada maxistralmente por Margaret Rutherford; Endless Night (1971), que descubriu a Britt Ekland; o famoso ciclo rodado con estrelas de Hollywood composto de Murder on the Orient Express (1974, Sidney Lumet), con Oscar para Ingrid Bergman, Death on the Nile (1976, John Guillermin) coa primeira aparicion de Peter Ustinov encarnando ó detective Hercules Poirot, The Mirror Crack'd (1980, Guy Hamilton), Evil Under the Sun (1981, Guy Hamilton) que probablemente sexa a entrega máis floxa, e Ordeal by Innocence (1983, Desmond Davis). Tamén destaca a película Appointment with Death (1987, de Michael Winner). A partir de 1982 rodáronse tres series para televisión: un sobre Miss Marple, con Helen Hayes, de só tres cintas pola repentina morte da actriz; un sobre Hercules Poirot con Peter Ustinov, e outro sobre Miss Marple -este na televisión inglesa- interpretado por Joan Hickson, aparte de adaptacións soltas de toda condición. Tamén na pequena pantalla destaca a serie inglesa: Partners in crime, de 1982.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Agatha Christie

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]