A arte da guerra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A arte da guerra nun libro de bambú

A arte da guerra (chinés: 孫子兵法; pinyin: sūn zĭ bīng fǎ literalmente " Estratexia Militar de Sun Tzu" ) é un tratado militar escrito durante o século IV a. C. polo estratego coñecido como Sun Tzu. O tratado está composto de trece capítulos, onde en cada capítulo é abordado un aspecto da estratexia de guerra, de modo que se compón un panorama de todos os eventos e estratexias que deben ser abordados nun combate racional. Acredítase que o libro teña sido usado por diversos estrategos através da historia como Napoleón, Adolf Hitler e Mao Tse Tung.

Desde 1772 existen edicións europeas (catro traducións rusas, unha alemá, cinco en inglés), mais son insatisfactorias canto a calidade. A primeira edición ocidental cunha tradución fidedigna data de 1927.

Apesar da antigüidade da obra, ningunha obra ou tratado é tan comprensíbel e tan actual canto á Arte da Guerra. Co seu caráter sentencioso, Sun Tzu forxa a figura dun xeneral cuxas cualidades son o segredo, o disimulo e a sorpresa.

Hoxe, o libro parece estar destinado a secundar outra guerra: a das empresas no mundo dos negocios. Así, o libro migrou dos estantes dos estrategos para os do economista e do administrador. [1].

Aínda que as tácticas bélicas teñan mudado desde a época de Sun Tzu, ese tratado teria influenciado, segundo a Enciclopedia Británica, certos estrategos modernos como Mao Tsé-Tung, na sua loita contra os xaponeses e os chineses nacionalistas.


[editar] Véxase tamén

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de:
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais