Du Mu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Du Mu (杜牧, pinyin: Dù Mù; Chang'an 803 - 852) escritor chinés da dinastía Tang. Poeta lírico a miúdo inspirado por cortesás, servíase da Historia para falar da súa época.
Aprobou o exame jinshi en 827 e ocupou varios postos oficiais, pero nunca chegou a ter un alto cargo por mor dos seus inimigos.
Tivo moito éxito como poeta e cultivou a prosa. Escribiu tamén grandes poemas narrativos, un comentario de Arte da guerra e varias cartes oficiais a altos cargos. Estivo moi influenciado por Du Fu, Li Bai, Han Yu e Liu Zongyuan.
Adóitaselle asociar con outro poeta, Li Shangyin como os chamados Pequenos Li Du (小李杜), en contraste cos Grandes Li Du: Li Bai e Du Fu.