Sun Tzu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sun Tzu.

Sun Tzu (孫子 en pinyin: Sūn Zǐ), coñecido no oriente como Sun Zi, foi o autor de A arte da guerra, famoso libro chinés sobre tácticas militares. Foi tamén un dos primeiros realistas das ciencias políticas.

Índice

Traxectoria [editar]

A única fonte que sobreviviu até os nosos días sobre a vida de Sun Tzu escribiuna no século II a.C. o historiador Ssu-ma Ch'ien, que o describe como un xeneral que viviu no estado de Wu no século VI a.C.. Porén a biografía non é coherente con outras fontes sobre o período, e todo leva a crer que o libro debeu ser escrito entre 400 a.C. e 320 a.C..

Moitos investigadores e historiadores negan a existencia histórica de Sun Tzu, como negan a de Homero, Pitágoras, Lao-Tsé e o propio Xesús Cristo.

Non existe unha biografía linear de Sun Tzu, con inicio, medio e fin. O que existe son concisas narracións dalgúns feitos da súa vida.

Véxase tamén [editar]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]