Võ Nguyên Giáp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Võ Nguyên Giáp
Nome completoVõ Giáp
Nacemento25 de agosto de 1911
Lugar de nacementoLộc Thủy
Falecemento4 de outubro de 2013
Lugar de falecementoHanoi
NacionalidadeVietnam
RelixiónIrrelixión
Alma máterUniversidade Nacional de Hanói e Lycée Albert Sarraut
Ocupaciónmilitar, político, xornalista, escritor e estadista
PaiVõ Quang Nghiêm
CónxuxeNguyễn Thị Quang Thái e Đặng Bích Hà
PremiosHero of the People's Armed Forces, Order of Ho Chi Minh, Gold Star Order, Military Exploit Order, Feat Order, Fatherland Defense Order, sen etiquetar e honorary doctor of the University of Calcutta
Na rede
IMDB: nm0900721 Musicbrainz: 0fb0bd98-e926-4516-909c-4d29960f2c5c WikiTree: Võ-27 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Võ Nguyên Giáp, nado o 25 de agosto de 1911 en An Xa, provincia de Quảng Bình (Vietnam), e finado o 4 de outubro de 2013 en Hanoi, foi un militar vietnamita

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun mandarín de segunda clase, e fixo estudos de Dereito e Historia en Hue. Foi militante comunista desde os anos 30 do século XX. En setembro do 1939, logo da prohibición do Partido Comunista, Giáp trasladouse á China, onde coñeceu a Hô Chi Minh, con quen creou o Viet Minh na conferencia de Chingsi, en maio de 1941. A finais dese ano Giáp marchou ás montañas do Vietnam para formar os primeiros grupos guerrilleiros.

Dirixente militar do Vietminh, en decembro de 1944 capturou un punto militar francés, logo de ter formado os primeiros batallóns das súas forzas armadas. Iniciada a Guerra de Indochina en decembro de 1946, logo do bombardeo de Haiphon por parte de Francia, retirouse cara á China, ata que en outubro de 1950 ocupou a zona montañosa fronteiriza. A partir de entón, a guerrilla difúndese por Vietnam e Laos. Mais Giáp sempre considerou que só a formación dun auténtico exército podería derrotar os colonialistas.

A fins de 1953 Giáp aceptou o reto francés dunha batalla definitiva: a Dien Bien Phu, na que, despois de varias semanas de combate, as tropas vietnamitas saíron vencedoras o día 7 de maio de 1954. O que se consideraba imposíbel, a vitoria de colonizados sobre un exército occidental en campo aberto, fora logrado.

Logo da conferencia de Xenebra, Suíza, que recoñecía a independencia das colonias francesas en Indochina, Giáp pasou a ser ministro de defensa de Vietnam do Norte. Simultaneamente, dirixiu as operacións no Sur contra o exército dos norteamericanos e os seus aliados. Logrou converter o fracaso da ofensiva de 1968 nun éxito político, ao demostrar aos estadounidenses que enfrontaban unha guerra inacabable.

Despois do fracaso da ofensiva da Pascua de 1972 foi cesado temporalmente do mando das operacións, pero conservou a cadeira de ministro de defensa. Entre 1976 e 1991 ostentou o cargo de viceprimeiro ministro.

Recoñecido como un dos maiores estrategos do século XX, consideraba que a base do poder militar residía no apoio dos campesiños e a táctica da "guerra prolongada".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]