Paulus Potter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O touro (1647), de P. Potter, Mauritshuis, A Haia

Paulus Pieterszoon Potter (bautizado o 20 de novembro de 1625 en Enkhuizen; sepultado o 17 de xaneiro de 1654 en Amsterdam) foi un pintor holandés do Barroco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Paulus Potter foi aprendiz en Amsterdam, nos obradoiros do seu propio pai, Pieter Symonsz. Potter, e de Jacob de Wel, e posibelmente tamén nos de Pieter Lastman e Claes Moeyaert. En 1646 era membro da confraría de San Lucas na cidade de Delft. Arredor de 1649 vivía na Haia (Den Haag), onde era tamén socio do gremio profesional. En 1652 regresou para Amsterdam - entretanto casara con Adriana Backen Eynde -, onde o médico Nicolas Tulp foi o seu protector.

A súa primeira obra coñecida data do ano 1641. A súa obra, até a súa morte temperá a causa da tuberculose, cando só contaba 28 anos de idade, atinxe unhas 130 pinturas, e comprende, sobre todo, paisaxes holandesas, polo corrente con detalles de gando, cadros de xénero e máis escenas de caza. As súas pinturas de animais son de fama mundial.

A súa obra máis coñecida é, sen dúbida, "O touro" (De Stier) , datada en 1647, e que na actualidade forma parte das coleccións do Mauritshuis, na Haia.

Museos[editar | editar a fonte]

A obra de Paulus Potter figura en diversos museos, dos que, entre outros, se poden citar:

Selección de obras[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rudolf von Arps-Aubert: Die Entwicklung des reinen Tierbildes in der Kunst des Paulus Potter. Diss., Halle 1931
  • Walsh, Amy (Hrsg.): Paulus Potter. Paintings, Drawings and Etchings. Den Haag: Mauritshuis, 1994. (Ausstellungskatalog) ISBN 90-400-9721-6
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paulus Potter