120347 Salacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
120347 Salacia
Descubrimento e clasificación[1]
Descuberto por Henry G. Roe, Michael E. Brown, Kristina M. Barkume
Descuberto o 22-09-2004
Nome e categoría no Mpc (120347) 2004 SB60
Cubewano (MPC)[2]
Obxecto distante (DES)[3]
Características orbitais[1]
Afelio 46,5395 UA (Q)
Perihelio 37,8383 UA (q)
Eixo semi-maior 42,1889 UA
Excentricidade 0,10312
Período orbital 274,03 anos (100.091 d)
Inclinación 23,9396°
Anomalía media 113,75° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 280,1885°
Argumento do perihelio 311,078°
Satélites Actaea
Características físicas
Diámetro 905±103 km[4]
Masa 4,50 x 1020 kg
Densidade 1,16 (+0,59 -0,36) g/cm³[4]
Gravidade superficial  ?
Velocidade de escape  ?
Período de rotación 6.09 h[1]
Albedo 0,035 (+0,010 -0,007)[4]
Magnitude absoluta 4,2[1]
Temperatura superficial  ?

120347 Salacia,[5] que tiña a desiganción provisional de: (120347) 2004 SB60, é un obxecto trans-neptuniano que reside no cinto de Kuiper. Foi descuberto o 22 de setembro do ano 2004, por Henry G. Roe, Michael E. Brown, e Kristina M. Barkume dende o Observatorio de Palomar. Nas listas do sito web de Mike Brown, Salacia aparece coma un obxecto con grandes posibilidades de ser un planeta anano.[6] Actualmente estimase que o seu diámetro está lixeiramente por riba dos 900 km.[4]

Foi observado 100 veces, e foi recuperado en imaxes que nós retrotraen ata o ano 1982.[1] Salacia órbita ó redor do Sol a unha distancia media lixeiramente máis grande cá de Plutón.

Nome[editar | editar a fonte]

A (120347) 2004 SB60 foille asignado o nome de Salacia o 18 de febreiro do ano 2011. Salacia é a deusa de auga salgada e muller de Neptuno.[7] O nome da súa lúa, Actaea, foi tamén asignado ese mesmo día. Actaea na mitoloxía é unha nereida ou ninfa do mar.

Propiedades físicas[editar | editar a fonte]

Aínda que Salacia ten unha inclinación de 24°, non é un membro da familia de Haumea, xa que o seu espectro no infravermello próximo é practicamente plano e suxire unha cantidade inferior ó 5% de xeo de auga.[8] A masa total do sistema Salacia–Actaea é de 4,66 ± 0,22 x 1020 kg. En base ós seus diámetros relativos, o 96% da masa do sistema debería pertencer a Salacia. Salacia ten o albedo e a densidade máis baixa entre os obxectos trans-neptunianos de tamaño semellante.[4]

Satélite[editar | editar a fonte]

Salacia ten unha lúa, Actaea, que órbita ó redor do seu primario cada 5,494 días a unha distancia de 5.619 ±87 km e cunha excentricidade de 0,0084 ±0,0076.[4] O seu diámetro é duns 303 ±35 km.[4] Foi descuberta o 21 de xullo do ano 2006 por Keith S. Noll, Harold Levison, Denise Stephens e Will Grundy, gracias ó uso do Telescopio Hubble.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "JPL Small-Body Database Browser: 120347 (2004 SB60)". 05-11-2010 últimas observaciósn. http://ssd.jpl.nasa.gov/sbdb.cgi?sstr=120347. Consultado o 07-05-2012. 
  2. "MPEC 2009-R09 :Distant Minor Planets (2009 SEPT. 16.0 TT)". IAU Minor Planet Center. 04-09-2009. http://www.minorplanetcenter.net/mpec/K09/K09R09.html. Consultado o 05-07-2011. 
  3. Marc W. Buie (12-08-2007 usando 62 de 73 observacións). "Orbit Fit and Astrometric record for 120347". SwRI (Space Science Department). http://www.boulder.swri.edu/~buie/kbo/astrom/120347.html. Consultado o 04-10-2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 J.A. Stansberry (2012). "Physical Properties of Trans-Neptunian Binaries (120347) Salacia–Actaea and (42355) Typhon–Echidna". Elsevier. http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0019103512001224. 
  5. MPC 73984
  6. Michael E. Brown. "How many dwarf planets are there in the outer solar system? (updates daily)". California Institute of Technology. http://www.gps.caltech.edu/~mbrown/dps.html. Consultado o 25-08-2011. 
  7. johnstonsarchive.net
  8. E.L. Schaller e M.E. Brown (2008). "Detection of Additional Members of the 2003 EL61 Collisional Family via Near-Infrared Spectroscopy". Astrophysical Journal. arXiv:0808.0185. Bibcode 2008ApJ...684L.107S. DOI:10.1086/592232. 
  9. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]