(278361) 2007 JJ43

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(278361) 2007 JJ43
Descubrimento e clasificación[1]
Descuberto polo/dende o Observatorio de Monte Palomar
Descuberto o 14-05-2007
Nome no Mpc (278361) 2007 JJ43
Nome alternativo 2007 JJ43
Categoría no Mpc TNO
Características orbitais[2][1]
Época= 27-08-2011 (2.455.800,5 xd)
Afelio 55,3707 UA (Q)
Perihelio 40,2776 UA (q)
Eixo semi-maior 47,82 UA
Excentricidade 0,1578
Período orbital 120.801 d (330,74 ax)
Inclinación 12,0623°
Anomalía media 331,84° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 272,493°
Argumento do perihelio 9,02°
Características físicas
Dimensións ~1000 km[3]
Período de rotación  ?
Tipo espectral (moderadamente vermello) B-V=1,03; V-R=0,61[4]
Magnitude aparente 20,69 [2]
Magnitude absoluta 3,7 [1] ou 4,4[2]

(278361) 2007 JJ43 é un obxecto trans-neptuniano (TNO) que orbita ó redor do Sol preto do borde exterior do cinto de Kuiper. Baseándose no brillo aparente co que aparece actualmente nos telescopios, suxeriuse a posibilidade de que poida chegar a ser clasificado coma un plutoide (un planeta anano máis aló da órbita de Neptuno), pero aínda non foi formalmente recoñecido coma tal pola Unión Astronómica Internacional.

As imaxes do seu descubrimento foron tomadas no ano 2007. Posúe unha magnitude absoluta de 3,7 que fai del un dos vinte TNOs máis brillantes. Asumindo que ten un albedo típico, este obxecto podería ser tan grande coma 28978 Ixion (~650–800 km de diámetro). Pola contra o Johnston's Archive dálle un diámetro de 1000 km en informacións editadas no ano 2010,[3] este tamaño sería un pouco superior ó de 1 Ceres (~950 km de diámetro).

2007 JJ43 estaba a unhas 48 UAs respecto do Sol no ano 2010, e estimase que a súa órbita estea comprendida entre un rango de 40 a 56 UAs.[3]

Notas[editar | editar a fonte]