Metamorfoses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "As metamorfoses")
Se procura pola obra de Apuleio, Metamorfoses vexa O asno de ouro
Virgil Solis (1514-1562). Metamorfoses

Metamorfoses é un libro de Publio Ovidio Nasón escrito no século I a.C. que é un extenso poema de máis de 12.000 exámetros e reúne os relatos de numerosos mitógrafos gregos anteriores nunha colección de lendas etiolóxicas clasificadas cronoloxicamente dende o Caos orixinario ata a época de Augusto, incluíndo tamén a do propio César, metamorfoseado en astro.

Partes[editar | editar a fonte]

As súas cinco partes históricas son:

  • 1ª: Dende as orixes do mundo ata que Cadmo funda Tebas;
  • 4ª: A guerra de Troia (inmortalizada por múltiples filmes) dividida na propia guerra e no Nostoi (a viaxe de regreso dos heroes a Troia, sobre todo Eneas buscando unha nova patria);

O relato destaca pola súa densidade narrativa, a relación entre as súas partes e a conformación de sagas e ciclos familiares. Os temas máis recorrentes son o amor, a ira, a guerra, o humor, a vinganza e sobre todo a transformación metamórfica, sempre baixo o designio dos catro elementos (aer, terra, unda e ignis). Máis adiante, abandonando estas metáforas etiolóxicas, aparecen a morte, a piedade, a eternidade (Roma aeterna) e a xustificación do sistema monárquico-imperial establecido mediante a xenealoxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: As metamorfoses de Ovidio (en latín).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martin, René (1992) Dictionnaire culturel de la mithologie gréco-romaine. Paris: Éditions Nathan.
  • Ovidio (2005) [edición bilingüe; trad. José Antonio Dobarro Posada & Estrella Fernández Graña] Metamorfoses. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo da Xunta de Galicia & Editorial Galaxia: Vigo.
  • Palés Castro, Marisol & Villar Rodríguez, Celia (1998) Diccionario de mitología clásica. Madrid: Editorial Espasa.