Álvaro Ratón
(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1993 (31 anos) O Carballiño, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Álvaro López Ratón, nado no Carballiño o 29 de xaneiro de 1993, coñecido deportivamente como Ratón, é un futbolista galego que xoga na posición de gardameta no Wisła Kraków da I Liga de Polonia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rato comezou a xogar ao fútbol no Pavillón de Ourense e o Club Deportivo Arenteiro, equipos do fútbol base da súa provincia. Con catorce anos fichou pola canteira da Valencia Club de Fútbol, conxunto no que permanecería até o primeiro ano de xuvenís. Competiu tamén en idade de xuvenil na canteira do Deportivo da Coruña e Montañeros, sendo estes dous últimos conxuntos cos que entrou en convocatorias do filial deportivista, e despois do primeiro equipo montañeiro, sen chegar a debutar finalmente.
Na categoría sénior, fichou polo Arroyo da Segunda División B de España, sendo o terceiro porteiro do equipo, no que tampouco chegou a debutar. Así, no mercado de inverno de 2013 recalou no Algeciras, co que por fin debutou esa tempada. Na seguinte tempada fichou polo Real Betis "B". Con estes dous últimos conxuntos conseguiu ascender a Segunda B consecutivamente. Despois formou parte do Villanovense de Segunda División B, co que chegou a xogar unha fase de ascenso a Segunda División (2015), caendo eliminado na primeira rolda polo Bilbao Athletic.
No verán de 2015 pasou a formar parte do persoal do Deportivo Aragón, filial do Real Zaragoza.[1][2] Logo dunha tempada, o 15 de xullo de 2016 renovou por tres anos xa con ficha no primeiro equipo como grande aposta de futuro.[3][4]
Debutou no primeiro equipo do Real Zaragoza o 7 de setembro de 2016 en competición copeira contra o Real Valladolid no Estadio da Romareda, partindo como meta titular e disputando o encontro na súa totalidade, o cal acabou coa derrota para o conxunto zaragocista por 1-2 e por tanto tamén caendo eliminado da Copa do Rei. O 23 de outubro do mesmo ano debutou en Segunda División, precisamente contra o mesmo conxunto.
O 13 de xaneiro de 2021 ía facerse oficial a súa cesión ao Gimnàstic de Tarragona, mais esta truncouse debido a que René Román non pasou as probas médicas.
Tras sete tempadas no Real Zaragoza, o 31 de maio despediuse do club tras terminar o seu contrato.[5] Entón seguiu a súa carreira no Wisła Kraków co que asinou por un ano.[6]
Selección galega
[editar | editar a fonte]Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un «gato» llamado Ratón
- ↑ Álvaro Ratón, el irreductible portero que supera a Keylor Navas
- ↑ Álvaro Ratón amplía su contrato con el Real Zaragoza hasta 2019
- ↑ Ratón amplía su contrato con el Real Zaragoza tres años más
- ↑ Vicente Paesa, Diego (31 de maio de 2023). "Ratón se despide del Real Zaragoza entre agradecimientos y orgullo". Aragondigital.es. Consultado o 31 de maio de 2023.
- ↑ "Álvaro Ratón zawodnikiem Wisły Kraków". Wisła Kraków (en polaco). 24 de xuño de 2023. Consultado o 7 de decembro de 2023.
- ↑ "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024.