Mofo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O mofo que ataca ao pan é extremadamente común

O mofo ou balor é un fungo filamentoso que medra sobre a materia orgánica, tanto ao aire libre como en interiores. Existen moitas especies de fungos; estímase que pode haber decenas de miles, quizais máis de trescentas mil[Cómpre referencia].

Características[editar | editar a fonte]

O mofo crece mellor en condicións cálidas e húmidas pero tamén o fai en condicións adversas, como no interior dun frigorífico. De feito, as esporas do mofo poden sobrevivir en condicións ambientais moi variables, mesmo en extrema sequidade, aínda que non favorecen o crecemento normal do mofo. O mofo medra no pan e noutros tipos de alimentos, facéndoos incomestibles.

Os fungos son un grupo de organismos bastante comúns que teñen unha importante función nos ecosistemas. A penicilina, un antibiótico que salvou moitas vidas, obtense a partir do mofo Penicillium. Outro grupo de microorganismos ascomicetos, como os mofos, son os lévedos, entre as que se pode cita-lo fermento.