Zona Única de Pagos en Euros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZona Única de Pagos en Euros

Localización
Editar o valor em Wikidata

Páxina webec.europa.eu… Editar o valor em Wikidata

A Zona Única de Pagos en Euros (en inglés, Single Euro Payments Area, SEPA) é unha iniciativa de pago integrado da Unión europea para a simplificación de transferencias bancarias en euros. En 2020 había 36 membros na SEPA, dos cales 27 son estados membros da Unión europea, 4 estados membro da Asociación Europea de Libre Comercio (Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza), e o Reino Unido.[1][2][3] Ademais algúns países participan tamén na infraestrutura técnica: Andorra, Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino.[2][4]

Obxectivos[editar | editar a fonte]

A finalidade da SEPA é mellorar a eficiencia dos pagamentos transfronteirizos e converter o que antes eran mercados nacionais fragmentados nun só. A SEPA permite facer pagos en euros sen diñeiro en efectivo a calquera conta dentro da área cunha única conta bancaria e un único conxunto de instrumentos de pago.[5] As persoas titulares dunha conta bancaria nun país da eurozona poden usala para recibir salarios e facer pagos en toda a eurozona, por exemplo cando van traballar a outro país dentro da SEPA.

O proxecto inclúe o desenvolvemento de instrumentos financeiros comúns, estándares, procedementos e infraestrutura para facer posíbel economías de escala. Isto debería á súa vez reducir o custo total que ten na economía europea o movemento de capital na rexión (estimado nun 2-3% do PIB total).[6]

A SEPA non cubre pagos en moedas distintas ao euro. Isto significa que os pagos nos países da SEPA que non usan o euro seguirán a usar instrumentos de pago propios, agás nos pagos transfronteirizos en euros e en países da eurozona.

Os países nórdicos (excepto Finlandia), que non teñen previsto adoptar o euro, comezaron en 2017-2019 iniciativas para ter pagos transfronteirizos máis sinxelos, máis rápidos e máis baratos entre eles.

Descrición xeral[editar | editar a fonte]

Houbo dous fitos no establecemento da SEPA:

Para os débitos directos, o primeiro fito non se cumpriu debido a unha demora na implantación da lexislación habilitante (a Directiva de Servizos do pago ou PSD) no Parlamento Europeo. Os débitos directos estiveron dispoñíbeis en novembro de 2009, o que aumentou a presión de tempo sobre o segundo fito.

A Comisión Europea estabeleceu a base xurídica coa PSD. Os marcos de traballo comerciais e técnicos para os instrumentos de pago foron desenvoltos polo Consello de Pagos Europeo (EPC), formado por bancos europeos. O EPC comprometeuse a entregar tres instrumentos de pago paneuropeos:

  • Transferencias de crédito: SCT - Transferencia de Crédito SEPA
  • Débitos directos: SDD - Débito Directo SEPA. Os bancos comezaron a ofrecer este servizo o 2 de novembro de 2009.[7]
  • Tarxetas: Framework de tarxetas SEPA.

Para ofrecer straight-through processing (STP) end-to-end para a compensación SEPA o EPC comprometeuse a entregar subconxuntos de validación técnica da ISO 20022. As mensaxes (pacs) de banco-a-banco son de uso obrigatorio; non así as mensaxes de cliente-a-banco de iniciación do pago (PAIN), inda que si é moi recomendábel o seu uso. Posto que están abertas a interpretación agárdase que se publiquen numerosas especificacións PAIN nos países da SEPA.

Empresas, comerciantes, consumidores e gobernos tamén están interesados no desenvolvemento da SEPA. As Asociacións Europeas de Tesoureiros de Empresa (EACT), o TWIST, o Banco Central Europeo, a Comisión Europea, o Consello de Pagos europeos, a Asociación de Cámaras de Compensación Automatizada Europea (EACHA), procesadores de pagos e asociacións de bancos paneuropeas – Federación Bancaria Europea (EBF), Asociación de Bancos Cooperativos Europea (EACB) e Grupo Europeo de Caixas de Aforros (ESBG) – están a xogar un papel activo en definir os servizos que ofrecerá a SEPA.

Os bancos levan dende xaneiro de 2008 cambiando os clientes aos novos instrumentos de pago. Agardábase que en 2010 a maioría estivera na SEPA. Para isto os bancos da SEPA precisan investir en tecnoloxía que poida manexar instrumentos de pago SEPA.

A compensación SEPA baséase no Código Internacional de Conta Bancaria (IBAN). As transaccións nacionais con euros fanse a través do IBAN; a anterior infraestrutura de numeración de cada país deixou de estar en uso en febreiro de 2014, facilitando así o acceso uniforme aos novos instrumentos de pago. Dende febreiro de 2016 os usuarios do sistema de pago da Eurozona xa non precisan ordenar a información con BIC para as transaccións SEPA e son automaticamente derivados dende o IBAN para todos os bancos na SEPA.

O 21 de novembro de 2017 activouse a infraestrutura de pago inmediato 24/7/365 coñecida como SCT Inst. permitindo o pago inmediato as 24 horas do día e os 365 días do ano.[8] Os bancos participantes encargaranse da interface de usuario e da seguranza, como xa viñan facendo cos pagos SEPA, p.ex. webs e aplicativos para móbiles.[9]

A SEPA cubre principalmente transferencias bancarias correntes. Os métodos de pago con servizos ou características adicionais, como os sistemas de pago con tarxeta intelixente ou teléfono móbil, non están directamente cubertos.[10] Aínda así, a infraestrutura de pago inmediato da SEPA facilita o uso de produtos de pago tamén en dispositivos intelixentes.[9]

Infraestrutura[editar | editar a fonte]

As diferentes funcionalidades que proporciona a SEPA divídense en infraestruturas de pago separadas.

A Transferencia de Crédito SEPA (SCT) permite facer transferencias de fondos dende unha conta bancaria a outra. As normas de compensación SEPA establecen que os pagos que se fagan antes da fin dun día laborábel serán abonados na conta destino o seguinte día laborábel.

A Transferencia de Crédito Inmediato SEPA (SCT Inst), tamén coñecida como Pago Inmediato SEPA,[11] proporciona o abono inmediato ao beneficiario cunha demora de menos de dez segundos, que pode chegar a ser de vinte segundos en circunstancias excepcionais.[12] Esta infraestrutura comezou a funcionar en novembro de 2017 para clientes finais simultaneamente en oito países da zona euro e agárdase que pronto estea dispoñíbel na maioría de países da Eurozona e potencialmente en todos os países da SEPA.[13]

A funcionalidade de débito directo é proporcionada por dúas infraestruturas separadas. A infraestrutura básica, Core SDD, está principalmente dirixida aos consumidores e foi lanzada o 2 de novembro de 2009.[14] Os bancos que ofrecen pagos SEPA están obrigados a formar parte desta infraestrutura.[15] Unha segunda infraestrutura, B2B SDD, está dirixida a usuarios empresariais. Algunhas diferenzas respecto a Core SDD:[15]

  • Esixe que tanto o acredor como o debedor envíen un mandato ao banco.
  • Non permite que o debedor solicite un reembolso ao seu banco após a súa conta foi cargada.

Os bancos que ofrecen pagos SEPA non están obrigados a participar nesta infraestrutura (a participación é opcional).[15]

Cobertura[editar | editar a fonte]

A SEPA son 36 países:[3]

Todas as partes dun país son normalmente parte da SEPA. Inda así, os seguintes países teñen territorios especiais que non están na SEPA:

Xurisdicións que usan o euro e que non están na SEPA: Akrotiri e Dhekelia, Terras Austrais e Antárticas Francesas, Kosovo, e Montenegro.[17]

Xurisdicións que non pertencen formalmente á SEPA normalmente usan a infraestrutura SEPA para pagos internacionais en euros, especialmente a ou dende a Eurozona.

Comisións[editar | editar a fonte]

A SEPA garante que os pagos en euros se reciban nun tempo mínimo garantido e os bancos non poden facer ningunha dedución da cantidade transferida, segundo un regulamento de 2001.[18] Os bancos e as entidades de pago teñen a opción de cobrar unha comisión por transferencia de crédito en euros sempre que sexa a mesma para todos os membros do EEA, bancos ou entidades de pago, nacionais ou estranxeiros.[19] Isto é relevante para os países que non usan o euro, onde as transferencias nacionais en euros feitas por consumidores son infrecuentes e as transferencias en euros poden levar unha comisión elevada nestes estados. Suecia e Dinamarca lexislaron para que as transferencias en euros teñan as mesmas comisións que as feitas na súa moeda propia; o que fai que a retirada de efectivo en caixeiros sexa gratuíta, pero non a retirada noutras moedas usadas na UE.

No Regulamento 924/2009 CE (Regulamento de Pagos Transfronteirizos) o Parlamento Europeo ordena que as comisións por pagos transfronteirizos en euros (de máis de 50 000 EUR) entre estados membros da UE deben ser as mesmas que para os mesmos pagos dentro do estado membro.[20][21] A pesar de todo, o regulamento da UE non se aplica en todos os países da SEPA; sendo Suíza a principal diferenza. A regra aplícase incluso se a transacción se envía como unha transacción internacional en vez dunha transacción SEPA (moi habitual antes de 2008, ou se os bancos implicados non admiten transaccións SEPA). O Regulamento CE 924/2009 non regula as comisións por conversión de moeda, polo que as comisións para transaccións que non sexan en euros poden seguir aplicándose (se non están prohibidas por unha lei nacional).[22]

Datas chave[editar | editar a fonte]

1957 O Tratado de Roma crea a Comunidade Económica Europea.
1992 O Tratado de Maastricht crea o euro.
1999 Introdución do euro como moeda electrónica, incluíndo a introdución do sistema de liquidación bruta en tempo real (RTGS, polas súas siglas en inglés) TARGET para transferencias de valor elevado.
2000 Estratexia de Lisboa: a reunión crea o Plan de Acción de Servizos Financeiros europeo.
2001 O Regulamento CE 2560/2001 harmoniza as comisións para transaccións en euros transfronteirizas e nacionais.[19]
2002 Introdución dos billetes e moedas de euro.
2003 Comeza a funcionar a primeira Cámara de Compensación Automatizada Paneuropea (PE-ACH); o Regulamento CE 2560/2001 entra en vigor para as transaccións maiores de 12 500 €.
2006 O Regulamento CE 2560/2001 aumenta o límite nas transaccións en euros a igual prezo ata os 50 000 €.
2008 Entran en funcionamento os instrumentos de pago paneuropeos SEPA (en paralelo aos instrumentos nacionais) o 28 de xaneiro.[23]
2009 A Directiva de Servizos de Pago (PSD) é transposta ás leis nacionais en novembro.
2010 Os pagos SEPA convértense na forma xeneralizada de pagos electrónicos.
2011 Os pagos SEPA substitúen os pagos nacionais na Eurozona.
2014 1 de agosto: A Zona Única de Pagos en Euros (SEPA) é plenamente operativa en todos os países da Eurozona.[24]
2016 Dende o 31 de outubro de 2016, os provedores de servizo de pago (PSPs) en países non euro só poderán recoller pagos en euros usando procedementos SEPA. As infraestruturas non euro, como o débito directo do Reino Unido, continúan sen mudanza.[25]
2017 Dende o 21 de novembro de 2017 están dispoñíbeis os pagos inmediatos SEPA de máis de 15 000 euros en 10 segundos (participación opcional para PSPs).[26]
2019 O 1 de marzo de 2019 Andorra e a Cidade do Vaticano únense á SEPA.
2021 O 1 de xaneiro de 2021 o Reino Unido abandona a UE pero segue dentro da infraestrutura de pago SEPA, aínda que suxeito a regras diferentes.

Implantación[editar | editar a fonte]

En agosto de 2014, o 99,4% das transferencias de crédito, o 99,9% do débito directo, e o 79,2% dos pagos con tarxeta estaban migrados a SEPA na zona euro.

O informe de situación oficial foi publicado en marzo de 2013.[27]

En outubro de 2010 o Banco Central Europeo publicou o seu sétimo informe de situación sobre a SEPA.[28] O BCE considera a SEPA un elemento esencial para avanzar na usabilidade e madurez do euro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Single Euro Payments Area (SEPA)". ecb.europa.eu (en inglés). 2021. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Extension of the geographical scope of SEPA schemes in March 2019". europeanpaymentscouncil.eu (en inglés). 30 de novembro de 2018. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "List of SEPA countries {Updated 2021 version}". b2bpay.co (en inglés) (publicado o 2021). 7 December 2015. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  4. "Andorra becomes a member of the Single euro payments area (SEPA)". all-andorra.com (en inglés). 23 de xuño de 2018. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  5. Banco Central Europeo (2021). "What are retail payments?". ecb.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  6. Redacción (27 de marzo de 2007). "Agreement reached on cross-border banking". rte.ie (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  7. 7,0 7,1 IP/09/1665 (3 de novembro de 2009). "Single Euro Payments Area (SEPA): cross-border direct debits now a reality". ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  8. "Successful go-live for EBA CLEARING's instant payment system RT1". ebaclearing.eu (en inglés). 21 de novembro de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  9. 9,0 9,1 Banco Central Europeo (2021). "What are instant payments?". ecb.europa.eu. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  10. REGULATION (EU) No 260/2012 (article 1 point 3)
  11. Groenfeldt, Tom (10 de outubro de 2018). "Payments Are Moving To Real-Time Around The World, The U.S. Plays Catch-Up". forbes.com (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  12. "EBA CLEARING's instant payment activities". ebaclearing.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2021.  Arquivado 26 de abril de 2019 en Wayback Machine.
  13. European Payments Council (novembro de 2017). "Launch of the SEPA Instant Credit Transfer scheme" (PDF). europeanpaymentscouncil.eu. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  14. EUROPA – Press Releases – Single Euro Payments Area (SEPA): cross-border direct debits now a reality EUROPA (European Union), 3 November 2009; Retrieved 4 February 2011
  15. 15,0 15,1 15,2 "Difference between SEPA Core and B2B Schemes". sepaforcorporates.com (en inglés) (publicado o 1 de marzo de 2013). 1 March 2013. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  16. Santa Sé (30 de novembro de 2018). "Comunicato della Sala Stampa della Santa Sede". press.vatican.va (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  17. 17,0 17,1 "The Boundaries of SEPA-land" (PDF). taz.vv.sebank.se (en inglés) (publicado o 9 de abril de 2013). 9 April 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xuño de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2021.  Arquivado 26 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
  18. European Commission (31 de xullo de 2014). "Single Euro Payments Area (SEPA) – frequently asked questions". ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  19. 19,0 19,1 Official Journal (28 de decembro de 2001). "Regulation (EC) No 2560/2001 of the European Parliament and of the Council of 19 December 2001 on cross-border payments in euro". eur-lex.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  20. "Regulation (EC) No 924/2009 on cross-border payments in the Community (Regulation on equality of charges for national and cross-border payments)" (PDF). ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  21. Official Journal of the European Union (16 de setembro de 2009). "REGULATION (EC) No 924/2009 OF THE EUROPEAN PARLIAMENT AND OF THE COUNCIL". eur-lex.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  22. European Comission (2009). "Cross-border payments - Regulation (EC) No 924/2009". ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  23. Redacción (28 de xaneiro de 2008). "Single Euro Payments Area kicks in". euractiv.com (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  24. European Commission (1 de agosto de 2014). "Vice-President Michel Barnier welcomes major milestone for the internal payments market with the migration to SEPA (Single Euro Payments Area)". ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  25. Banco Central Europeo. "Single Euro Payments Area (SEPA)". ecb.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  26. European Payments Council. "A NEW ERA IN PAYMENTS" (PDF). europeanpaymentscouncil.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  27. Banco Central Europeo (marzo de 2013). "SEPA Migration Report" (PDF). ecb.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  28. Banco Central Europeo (outubro de 2012). "Single Euro Payments Area" (PDF). ecb.europa.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]