Saltar ao contido

Tratados de Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tratados de Roma
Imaxe
 Instancia de
 Título
Treaty establishing the European Economic Community (en) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data
25 de marzo de 1957 Editar o valor en Wikidata
 Entrada en vigor
1 de xaneiro de 1958 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Implicados
 Depositario
Localización
 Localización
Identificadores
VIAF190567667 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0kdpg Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780179904 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os Tratados de Roma é o nome dado aos Tratados da Comunidade Económica Europea (CEE) e da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM ou CEEA) que se firmaron o 25 de marzo de 1957 en Roma. Foi asinado por Alemaña, Francia, Italia e os tres países do Benelux.

Ámbolos dous tratados supoñen un paso cara a adiante na integración europea. O Tratado da CEE ten coma obxectivos a creación dun mercado común fundamentalmente, na procura, polo tanto, dunha integración de carácter económico. O EURATOM fundaméntase no desenvolvemento do sector da enerxía nuclear que sería moi pesado nas economías nacionais por si mesmas.

Aínda tendo natureza sectorial, pois dedícanse principalmente a aspectos do ámbito económico, o Tratado da CEE, que é o principal, ten, ademais, un carácter de Lei xeral, podendo acudirse ó mesmo para encher os baleiros presentes nos outros dous Tratados existentes ata entón (Tratados da CECA, e da EURATOM)

As institucións creadas no Tratado da CEE continuarán ata hoxe en día con modificacións:

  • A Comisión: Ten poderes normativos, de carácter executivo e de aplicación do dereito comunitario e con facultade de proposta ó Consello.
  • O Consello: Integrado por representantes dos Estados membros e con capacidade de decisión por unanimidade, por maioría cualificada ou incluso por maioría simple. E o órgano que concentra o poder decisorio, sendo o eixo do sistema.
  • A Asemblea: ten fundamentalmente competencias de carácter consultivo e de control. O que nun futuro será o Parlamento Europeo, ten, neste momento, un papel moi limitado. Os seus membros son elixidos polos parlamentos nacionais, ata 1979, en que terán lugar as primeiras eleccións por sufraxio universal directo.
  • O Tribunal de Xustiza. Garante o respecto ó dereito comunitario.

Tamén se crean organismos coma o Comité económico e Social. A CEE comparte Asemblea e Tribunal de Xustiza coa CECA e a CEEA (ou EURATOM) dende 1958, se ben teñen regras e pautas diferenciadas. A partir do Tratado de Bruxelas de 1965 teñen un único Consello e unha única Comisión das Comunidades Europeas.

O tratado estableceu, entre outras cousas:

Unión aduaneira: a CEE foi coñecida popularmente como o "Mercado común". Acordouse un período transitorio de 12 anos, no que deberían desaparecer totalmente as barreiras arancelarias entre os Estados membros.

Política Agrícola Común (PAC): esta medida estableceu a libre circulación dos produtos agrícolas dentro da CEE, así como a adopción de políticas proteccionistas, que permitiron aos agricultores europeos evitar a competencia de produtos procedentes de terceiros países. Iso conseguiuse mediante a subvención aos prezos agrícolas. Dende entón a PAC concentrou boa parte do presuposto comunitario.

O Tratado da Unión Europea de 1993 transformou a CEE na Comunidade Europea.

En 2004 asínase un novo tratado de Roma coñecido como o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa, que debe ser ratificado antes do final de novembro de 2006.