Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O Festival Internacional de Cinema de Moscova (en ruso: Моско́вский междунаро́дный кинофестива́ль, translit. Moskóvskiy myezhdoonaródniy kinofyestivál) é o festival de cinema de Moscova, que se celebrou por vez primeira no ano 1935 e se converteu nun festival regular dende o ano 1959.[1] O festival foi celébrase anualmente dende o ano 1999.
O maior premio do festival é unha estatua de San Xurxo matando o dragón, como se representa no escudo de armas da cidade de Moscova. Nikita Mikhalkov foi o presidente do festival dende o ano 2000.