Xulipedia
Xulipedia | |
---|---|
Tipo | base de datos e Wiki |
Data de fundación | 2020 |
Na rede | |
https://www.xulipedia.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xulipedia é unha base de datos organizada por orde cronolóxica, con información da literatura galega e as outras literaturas románicas peninsulares e mais da literatura universal,[1] recollida por Xulio Simón[2] e convertida en formato wiki da man de Javier Prado, Laura Goldar, Tono Barros, Francisco Becerra e Luís Losada. Abrangue desde 1851 (ano de nacemento de Manuel Curros Enríquez) ata 2004 (data do falecemento de Manuel María e Luísa Villalta), se ben do 2004 á actualidade recolle os palmarés dos premios literarios de cada ano, e remata cun repositorio web que recolle enlaces significativos na actualidade.
Características
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Esta ferramenta que aposta polo multiculturalismo e ten como cerna a lingua galega, comezou a elaborarse cando aínda non existía internet, partindo por tanto da recollida de información en libros e revistas como por exemplo: ¨Gran Enciclopedia Galega ¨, “ A Nosa Terra ”, “ Nós ” “ Grial ”, “ O Tio Marcos d'a Portela ”, “A Monteira”, “ Diccionario de escritores en lingua galega ” de Fdez del Riego” (Ediciós do Castro),“Diccionario de autores da literatura galega” de Galaxia, “Diccionario de publicacións periódicas da literatura galega” tamén de Galaxia, “ Historia da literatura galega contemporánea ” de Carballo Calero (Galaxia); “A prensa galega de Cuba” de Neira Vilas (Ediciós do Castro),“ Céltiga” e “Lar", e moitos outros libros e publicacións.
Inténtase relacionar sobre todo as literaturas ibéricas facendo referencia a autores que tiveron relación coas nosas letras: Tomàs Garcés , Carles Riba, Joan Maragall, Rodrigues Lapa, Teixeira de Pascoaes, Salvador Espriu, Jorge Amado (Brasil), Gabriel Aresti, Joan Perucho... e a revistas como “La Campana de Gracia”, “Camp de l’Arpa”, “Quatro ventos”, “Seara Nova” “A Aguia”...
Trátase dunha páxina wiki que se constrúe coas colaboracións de todas aquelas persoas que poidan e queiran achegar contidos. Funciona exactamente igual que a Wikipedia no mesmo formato e está conectada con ela nas súas linguas romances orixinais.
Está composta de varias seccións: nunha aparecen os nacementos e falecementos dese ano no eido da literatura e tamén de persoas relevantes noutros campos. Noutro apartado faise referencia a publicacións que houbo en Galicia e relacionadas con Galicia no ano correspondente. Sección de “Acontecementos”, cos feitos culturais salientables ese ano en Galicia. No apartado “Premios”, reflíctense os gañadores dos certames literarios que se convocaron ese ano.
Na denominada sección “Epistolar”, recóllese a correspondencia entre persoeiros cando se fai referencia a algún feito importante relacionado coa nosa cultura.Recóllese a correspondencia coa Galicia da diáspora cando nela se fai referencia á nosa cultura: Luis Seoane con Díaz Pardo e Francisco F. del Riego, de Neira Vilas con Xosé_Ramón_Fernández-Oxea, con Antón Beiras, Ramón Piñeiro, con Sebastián_Martínez-Risco, con Leandro Carré, con Celso Emilio, con Manuel María, con Salvador Espriu, con Valentín Paz Andrade, con Avilés de Taramancos, con Xavier Alcalá…; de Basilio Losada con Ramón Piñeiro, con Méndez Ferrín, con Celso Emilio, con Alonso Montero…; de Xosé_María_Álvarez_Blázquez con Blanco Amor...
En “Sumarios” especifícanse os temas tratados en revistas como “Nós” ou “Grial”.
Algunhas destas seccións aparecen paralelamente noutro apartado denominado “Outras culturas”, con alusión a países de lingua portuguesa, catalá, en castelán e lit. universal.
Finalmente na última sección, “Tamén sucedeu”, figuran os feitos históricos e culturais, sobranceiros dese ano. Figuran tamén datos históricos, recensións bibliográficas, cinema, etc. Todo en cronoloxía coas outras literaturas e procurando relacionalas… Mantense as ortografías orixinais dos documentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xesús Alonso Montero (30 de xuño de 2023). "Xulipedia: catedral histórico-literaria galega". La Voz de Galicia.
- ↑ Lourdes Varela (20 de outubro de 2022). "O da Xulipedia é un labor que, en realidade, non ten remate". Faro de Vigo. p. V.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- wiki
- [1], presentación (I) en XXV Certame Poesía Rosalía de Castro. Cornellá. BCN. 11.12.21.
- [2], presentación (II) en XXV Certame Poesía Rosalía de Castro. Cornellá. BCN. 11.12.21.
- [3]Lamina conmemorativa aniversario XPD
- [4]Logo XPD
- [5]Info para prensa da XPD.
- Séculos de cultura galega recollidos na Xulipedia - Isabel Pichel Radio Galega : Galicia por Diante Fin de Semana -Séculos de cultura galega recollidos na Xulipedia - 03/06/2023 - Isabel Pichel
- // Quintal da Galiza - Christian Salles Spotify - Ano 1851 na XPD 2023/07/03
- A Xulipedia ou como sementar en analóxico para recoller en dixital - Cristina Corral Diario Marín: Historia y literatura / Literatura - 2023/07/18 por Cristina Corral Soilán
- https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/xulio-simon-proxecto-podera-seguir-construindose-coas-persoas-que-queiran-colaborar/20231021100121180354.html