Joan Perucho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joan Perucho
Joan Perucho portrait.jpg
Nome completoJuan Perucho Gutiérrez
AlcumeJuan Perucho e Joan Perucho
Nacemento7 de novembro de 1920
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento28 de outubro de 2003
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, poeta, xurista, crítico de arte e gastrónomo
PremiosCreu de Sant Jordi, Premio Nacional de Literatura de Cataluña, Premii Joan Crexells de narrativa, Premio Ramón Llull das letras catalás, Premi de la Crítica de narrativa catalana, Premi de la Crítica de poesia catalana, Cavall Verd Award, City of Barcelona Award e Premio Nacional das Letras Españolas
editar datos en Wikidata ]

Joan Perucho i Gutiérrez,[1][2] nado no distrito de Gràcia de Barcelona o ​​7 de novembro de 1920 e finado na mesma cidade o 28 de outubro de 2003, foi un novelista, poeta e crítico de arte catalán, que alternou o traballo de escritor coa súa profesión de xuíz.[3] As súas obras de ficción pertencen ao xénero fantástico cunha dose de ironía e a esixencia dun lector culto.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Perucho i Monsó (falecido en Barcelona o 23 de marzo de 1965 [5]) e de Jesusa Gutiérrez i Duque. Naceu na rúa Torrent de l'Olla, no barrio barcelonés de Gràcia.[4]

Foi educado de neno nas Escolas de Doutrina Cristiá e durante a adolescencia no Instituto Salmerón. Durante a Guerra Civil formouse nos Servizos de Cultura da Fronte.[5] Estudou Dereito na Universidade de Barcelona.

A partir de 1942 colaborou na revista falanxista Alerta con Nèstor Luján, Manuel Valls e Antoni Vilanova.[6] Na revista Ariel publicou o que sería a primeira crítica literaria que se fixo da obra Ocnos de Luís Cernuda.[7] En 1943 comeza como editor na revista franquista Destino e en 1958 pasa a ser director desta revista, ata o ano 1975. Desde 1948 exerceu como xuíz en Cataluña. Desde 1976 é membro da Academia de Belas Artes de Barcelona.

En 1995 foi doutor honoris causa pola Universidade Rovira i Virgili. En 1991 foi galardoado coa Creu de Sant Jordi, concedida pola Generalitat de Catalunya.[8]

Afirma que vira pantasmas na súa casa de Albinyana.[9]

Literatura[editar | editar a fonte]

Comezou escribindo e castelán e logo toda a súa obra foi en catalán.[10]

Perucho soubo combinar simultaneamente elementos tradicionais e elementos de vangarda nun mesmo discurso literario, resultando nunha obra con grandes doses de orixinalidade. Tamén destaca o uso de temas fantásticos nas súas obras, unha característica pouco común na literatura catalá.En 1947 publicou o seu primeiro poemario Baixo o sangue.[11] Este poemario tiña contido existencialista.[12] Tivo un éxito considerable por primeira vez co Llibre de cavalleries, publicado en 1957.[13] A súa novela máis aclamada, Les històries naturals, é unha trama de vampiros ambientada en plena guerra carlista,[14] foi traducida a máis de quince idiomas.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Diana i la mar morta (1953).
  • Amb la tècnica de Lovecraft (1956).
  • Llibre de cavalleries (1957).
  • Les històries naturals (1960).
  • Galería de espejos sin fondo (1963).
  • Roses, diables i somriures (1965).
  • Nicéforas y el grifo (1968).
  • Aparicions i fantasmes (1968).
  • Botànica oculta o el fals Paracels (1969). ISBN 84-233-1053-1
  • Historias secretas de balnearios (1972).
  • Històries apòcrifes (1974).
  • Els balnearis (1975).
  • Monstruari fantàstic (1976). En Galaxia, Monstruario fantástico (1998). 138 páxs. ISBN 978-84-8288-175-1. Tradución de Xavier Rodríguez Baixeras.
  • Les aventures del cavaller Kosmas (1981).
  • Museu d'ombres (1981).
  • Petit museu de monstres marins (1981).
  • Gàbia per a petits animals feliços (1981). (Quaderns Crema)
  • Discurs de l'Aquitània i altres refinades perversitats (1982). (Quaderns Crema)
  • Incredulitats i devocions (1983).
  • Pamela (1983).
  • Les delicies de l'oci (1984).
  • Los laberintos bizantinos o un viaje con espectros (1984).
  • Un viatge amb espectres (1984). (Quaderns Crema)
  • Dietario apócrifo de Octavio de Romeu (1985).
  • La guerra de la Cotxinxina (1986).
  • Roses, diables i somriures (1986).
  • Minuta de mostruos (1987).
  • Los misterios de Barcelona (1988).
  • Els emperadors d'Abissínia (1989).
  • Detrás del espejo (1990).
  • El basilisc (1990).
  • Algú a la nit respira (1990).
  • Els fantasmes de la calaixera (1990).
  • El baró de Maldà i les bèsties de l'infern (1994).
  • Las sombras del mundo (1995).
  • Fabulaciones (1996).
  • Obres completes 1985-1997 (1997).
  • Carmina o la gnosi angélica (2001)
  • Història d'un retrat (2001)
  • La darrera mirada (2001).

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Sota la sang (1947).
  • Aurora per vosaltres (1951).
  • El mèdium (1953).
  • El país de les meravelles (1956).
  • Antología poética (1970).
  • Poesia 1947-1973 (1978).
  • Poesía 1947-1981 (1982). (bilingüe)
  • Quadern d'Albinyana. (1983).(Quaderns Crema)
  • Obra poética completa (1984).
  • Itineraris d'Orient (1985).
  • Els miralls (1986).
  • La medusa (1987).
  • El duque de Portland sale a la calle (1988).
  • Cendres i diamants (1989).
  • Inscripcions, làpides, esteles (1993).
  • Els dies de la Sicília i la Germànica (1994).
  • Un silencio olvidado: poesía (1943-1947).(1995). (Quaderns Crema)
  • Versos d'una tardor (1995).
  • El far (1997).
  • La mirada d'Antinea (1998).
  • Els morts (2000).

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Miró, les essències de la terra (1968).
  • Teoria de Catalunya (1985).
  • Una semàntica visual (1986).
  • Monstres i erudicions (1990).
  • Cultura i imatge (1991).
  • La gespa contra el cel, notes de viatge (1993).
  • Picasso, el cubisme i Horta de Sant Joan (1994).
  • Els secrets de Circe (1998).
  • Estética del gusto (1998).
  • La meva visió del món (1998). 2 volumes.
  • Gastronomia i cultura (1999).
  • La porta de la identitat (1999).

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1953: Premio Ciutat de Barcelona por El mèdium
  • 1954: Premio Andreu Xandri als Jocs Florals de la Llengua Catalana de Sao Paulo
  • 1957: Premio Josep Yxart por Cita de narradors
  • 1981: Premi de la Crítica de narrativa catalana per Les aventures del cavaller Kosmas
  • 1981: Premio Ramon Llull por Les aventures del cavaller Kosmas
  • 1982: Premio Joan Crexells por Les aventures del cavaller Kosmas
  • 1984: Premio Cavall Verd por Quadern d'Albinyana
  • 1994: Premio Nacional de Cultura de Literatura
  • 1996: Premio de la Crítica de poesia catalana por Els jardins botànics
  • 1996: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joan Perucho i Gutiérrez enciclopèdia.cat". www.enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 2021-01-07. 
  2. Virgili, Universitat Rovira i. "Joan Perucho i Gutiérrez Doctors honoris causa". Universitat Rovira i Virgili (en catalán). Consultado o 2021-01-07. 
  3. "Inici". Departament de Cultura (en catalán). Consultado o 2021-01-07. 
  4. 4,0 4,1 Cultural, El (2003-10-30). "Joan Perucho, el bibliotecario de Alejandría El Cultural" (en castelán). Consultado o 2021-01-07. 
  5. Cervantes, CVC Centro Virtual. "CVC. Juan Perucho. Biografía (1 de 4).". cvc.cervantes.es (en castelán). Consultado o 2021-01-07. 
  6. "Joan Perucho, el gran secundari". Ara.cat (en catalán). 2015-03-28. Consultado o 2021-01-07. 
  7. "Las dos vidas de Perucho. Reseña". revistadelibros.com. 
  8. "Joan Perucho". Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (en catalán). Consultado o 2021-01-07. 
  9. "Joan Perucho". www.xtec.cat. Consultado o 2021-01-07. 
  10. "Joan Perucho" (en castelán). 2020-10-10. 
  11. "Joan Perucho". Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (en catalán). Consultado o 2021-01-07. 
  12. Catalunya, Universitat Oberta de. "Joan Perucho - Autors a lletrA - La literatura catalana a internet" (en catalán). 
  13. "El escritor Joan Perucho, sin máscaras". La Vanguardia (en castelán). 2015-03-10. Consultado o 2021-01-07. 
  14. "Recuperant el patrimoni literari de Joan Perucho". VilaWeb.cat (en catalán). Consultado o 2021-01-07. 
  15. "Pencongress2016ourense". pencongress2016ourense.congressus.es. Consultado o 2021-01-07.