Cristina Corral Soilán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristina Corral Soilán
Cristina Corral Soilán (AELG)-1.jpg
Nacemento 1976
Lugar Lugo, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Poesía, narrativa
Estudos Xornalismo, Educación Primaria, Filoloxía Hispánica e Filoloxía Inglesa
editar datos en Wikidata ]

Cristina Corral Soilán, nada en Lugo en 1976, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É xornalista e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela e a Universidade de Santiago de Compostela respectivamente. Nesta última cursou tamén estudos de Filoloxía Inglesa.

Ten traballado como xornalista no xornal El Progreso e na axencia de novas Europa Press. Foi guionista en Netex e subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo. Na actualidade exerce como profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española. Colabora con diversas revistas como Xistral ou Trasluz e é editora do magazine cultural A revolta.[1] No ano 2017 realizou un traballo cos alumnos de 4º ESO do IES A Xunqueira 1, chamado "Mulleres para á memoria", no que se recolle a información sobre as avoas destes. A TVG fixo unha reportaxe sobre isto.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Anxos de pedra, 2001, Scio.
  • Esencia de trementina, 2008, Scio.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Irene en el Sáhara, 2011, Solidaridad Internacional.
  • Os poemas do río, 2012, Everest Galicia.
  • A historia fascinante da vaca rodante, 2013, Everest Galicia.
  • De paseo con Crunia, 2015, Embora.
  • De paseo con Paulo, 2015, Embora.
  • De paseo con Paulo, 2017, Embora.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Un feixe de poesía na porta, 2013, A porta verde do sétimo andar.
  • Alén do silencio, 2014.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Manuel María, libro colectivo de homenaxe, 2017, Deputación provincial de Lugo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]