Xulio Simón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXulio Simón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Rioxoán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , investigador , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xulio Simón Rúa, nado en Rioxoán (Valonga, Pol) o 23 de setembro de 1956, é un investigador, profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xulio Simón con Neira Vilas
Xulio Simón con Neira Vilas

É profesor de EXB pola Escola de Maxisterio de Lugo e ten unha licenciatura en filoloxía pola Universidade de Barcelona. No 1985, realizou o Curso de Lingua e Cultura Portuguesa na facultade de Letras da Universidade de Lisboa. No 1990 participou no Curso “Didactique du Français Langue Etrangère”, na Université de Paris III Sorbonne Nouvelle. Foi profesor colaborador da Xunta de Galicia no Curso de Iniciación en Lingua Galega celebrado en París no 1990

É colaborador dende hai anos coa Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), tanto na súa revista Lúa Nova como no programa radiofónico Sempre en Galicia que comezou a saír en antena no 1986 en Radio Cornellá. Colabora tamén co Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro que vén realizando a Asociación, formando parte do xurado[1].

A partir da década de 1980 creou unha base de datos da literatura galega xunto coa portuguesa, catalá, española e a universal que abrangue do 1850 ao 2004, que se publicou como unha wiki co nome de Xulipedia[2].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Os mosteiros de Galicia en bicicleta de montaña (1998), coautor xunto con Carlos Dopazo[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]