Saltar ao contido

Emile Berliner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmile Berliner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1851 Editar o valor en Wikidata
Hannover Editar o valor en Wikidata
Morte3 de agosto de 1929 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRock Creek Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América (1870–)
Hannover (1851–1870) Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1881–)
Reino de Hanôver (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónCooper Union (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMicrófono, Gramófono, gravación sonora, Helicóptero, discoveries and inventions (en) Traducir e historia da tecnoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninventor , enxeñeiro eléctrico , emprendedor , industrial Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHenry Berliner, Herbert Samuel Berliner Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoseph Berliner (en) Traducir, Jacob Berliner (en) Traducir e Manfred Berliner (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesCora Berliner (en) Traducir (sobriña)
Hans Berliner (pt) Traducir (sobriño neto) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1870emigración Editar o valor en Wikidata
Premios

Musicbrainz: 4de55402-e369-4c48-9850-7248403f507a Discogs: 1195427 WikiTree: Berliner-25 Find a Grave: 1647 Editar o valor en Wikidata

Emile Berliner, nado o 20 de maio de 1851 e finado o 3 de agosto de 1929, foi un inventor xermano-estadounidense do transmisor telefónico, do gramófono, dos discos de vinilo e precursor do micrófono. Tamén dedicou gran parte da súa fortuna en axudar a reducir a mortalidade infantil.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu en Hannover, Alemaña, aos 19 anos emigrou a Estados Unidos (1870) seguindo o exemplo dun amigo. Pasaba moito tempo na biblioteca do Instituto Cooper, onde adquiriu interese pola electricidade e o son.

En 1876 asistiu en Filadelfia a unha gran exhibición de inventos e descubrimentos científicos, incluíndo o primeiro teléfono de Alexander Graham Bell que fascinou a Berliner. Comezou entón a investigar como melloralo na súa vivenda en Washington, até que logrou crear un bo emisor para enviar mensaxes sen importar a distancia. En termos simples, inventou un micrófono.

En setembro de 1877, a empresa Bell Telephone de Boston pagoulle a Berliner polo seu invento e contratouno para desenvolver outras melloras, até que en 1883 deixou a compañía e regresou a Washington para traballar no seu laboratorio. Alí inventou o gramófono en 1887, que permitiu a gravación e reprodución de sons en discos.

Gramófono e fonógrafo non son sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ambos utilizan a gravación mecánica (un dos tres sistema analóxicos de gravación), pero é o único que teñen en común. O fonógrafo utilizaba cilindros, como as caixas de música. O gramófono usaba discos, aínda que non estaban feitos de acetato de vinilo.

Thomas Edison patentou o fonógrafo en 1877, Berliner o gramófono case unha década máis tarde.

O gramófono comezou a ser comercializado en 1893 pola compañía "The United States Gramophone Company" que Berliner fundou. Cara a 1899, o invento de Emile Berliner estaba en mans de tres compañías: "The Berliner Gramophone Company" (Philadelphia) que fabricaba os gramófonos e os discos, "The Seaman National Gramophone" (Nova York) que levaba a cabo a comercialización e "United States Gramophone Company" (Washington) da que el era dono.

O 2 de xaneiro de 1900 Berliner comeza a fabricar en Montreal os discos de sete polgadas dun só lado ou sinxelos. A principios do mesmo ano, a segunda das compañías mencionadas negociou un acordo coa "American Gramophone and Columbia Phonograph" para fabricar o zonófono, un aparato similar. Berliner considerouno unha traizón ao acordo de exclusividade que tiña, o que se agravou cando mediante un xuízo comercial a "Seaman National Gramophone" logrou que se prohibira á compañía de Berliner vender o seu invento nos Estados Unidos. Por isto, Berliner trasladou a súa empresa a Montreal (Canadá), a cal pasou a chamarse "Berliner Gram-O-phone Company".

O 16 de xullo de 1900, Berliner rexistrou o logotipo da súa compañía: un can escoitando un gramófono. En 1924, a compañía foi comprada por "Victor Talking Machine Company", a cal en 1929 pasou a chamarse RCA Victor, tras ser adquirida por Radio Corporation of America (RCA). Emile Berliner faleceu o 3 de agosto de 1929, como consecuencia dun infarto de corazón.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Conclusions, 1902, Kaufman Publishing Co.
  • The Milk Question and Mortality Among Children Here and in Germany: An Observation, 1904, The Society for Prevention of Sickness
  • Some Neglected Essentials in the Fight against Consumption, 1907, The Society for Prevention of Sickness
  • A Study Towards the Solution of Industrial Problems in the New Zionist Commonwealth, 1919, N. Peters
  • Muddy Jim and other rhymes: 12 illustrated health jingles for children, 1919, Jim Publication Company.

Imaxes de patentes en TIFF

  1. «Emile Berliner (1851 - 1929)» Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Museo de las comunicaciones

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]