Instrumentación (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A acepción musical máis comunmente entendida por instrumentación é o estudo e a práctica de realizar ou adaptar composicións musicais para un instrumento ou agrupación musical.

Realmente poderíamos distinguir instrumentación de orquestración.[1]

  • Instrumentar consiste en coñecer os rudimentos de cada un dos instrumentos musicais, de tal maneira que se poida adaptar para cada un deles unha melodía ou composición dada.
  • Orquestrar, pola súa banda, é máis próximo á "composición con timbres". Neste sentido, inclúe un coñecemento máis amplo dos instrumentos, non só das súas características e particularidades individuais, senón tamén información e experiencia acerca das súas combinacións, xa en pequeno ou en gran grupo.[2]

A realización desta para un instrumento específico require a habilidade de tomar en conta as propiedades especiais do instrumento, tales como:

Bach Quoniam da Misa en si menor - introdución instrumental.
Bach Quoniam da Misa en si menor - compases 1–4.
  • O ton, o timbre musical e o rango dinámico do instrumento e os tons dispoñibles neses rangos.
  • A aplicación de acordes ou outros tons múltiples.
  • Certas clases de execucións que poden ser especialmente fáciles ou difíciles de realizar.
  • Técnicas de aplicación como límites de respiración, toque, etc.
  • Efectos especiais como os harmónicos, clicks, pizzicato, glissando, entre outros.
  • Convencións de notación para o instrumento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adler, Samuel (2002). The Study of Orchestration. W. W. Norton & Company, Inc. ISBN 978-0-393-97572-7. 
  2. Belkin (2008). "Alan" (PDF). Consultado o 21 de outubro de 2014.