Woke
Woke («esperto» en inglés) é un termo, orixinario dos Estados Unidos, que inicialmente se usaba para referirse a quen se enfrontan ou se manteñen alerta fronte ao racismo.[1] Posteriormente, chegou a abarcar unha conciencia doutras cuestións de desigualdade social, por exemplo, en relación co xénero e a orientación sexual.[2] Desde finais da década de 2010, tamén se utilizou como un termo xeral para os movementos políticos progresistas e/ou de esquerda e perspectivas que salientan a política identitaria das persoas LGBT, da comunidade negra e das mulleres.[3]
Para 2020, partes do centro político e a dereita en varios países occidentais usaban o termo woke, frecuentemente de maneira irónica, como forma de denominar a varios movementos e ideoloxías progresistas radicais ou de esquerda identitaria posmoderna percibidos como demasiado entusiastas, agresivos, axitadores, susceptíbeis ou pouco sinceros, e pola súa tendencia á censura de opinións discrepantes mediante a chamada cultura da cancelación. Á súa vez, algúns comentaristas chegaron a consideralo un termo ofensivo con asociacións negativas para quen promoven ideas políticas que involucran identidade e raza.
Para 2021, woke usouse case exclusivamente como pexorativo, e os usos máis destacados da palabra teñen lugar nun contexto despectivo.[4][5] Aínda que, en galego non ten unha tradución asentada e xeralmente se usa o termo inglés sen máis, destacada en cursiva ou entrecomillada ao ser un extranxeirismo, en España chámanse espertas ás persoas que o seguen.[6][7] A RAG non recolle a palabra.[8] Unha tradución proposta pola RAE é concienciado.[9]
Orixe e usos do termo
[editar | editar a fonte]A frase «stay woke» («mantente esperto») xurdiu nos Estados Unidos na década de 1930. Ao desenvolverse dentro do inglés afroestadounidense vernáculo, woke referiuse a unha conciencia dos problemas sociais e políticos que afectan aos afroamericanos, especialmente aos prexuízos raciais e a discriminación. Desta forma, apareceu en varios contextos, por exemplo, en cancións de Leadbelly e Erykah Badu.[10] Tras o asasinato de Michael Brown en Ferguson, Missouri. En 2014, a frase foi popularizada por activistas de Black Lives Matter (BLM) que buscaban crear conciencia sobre os tiroteos policiais contra afroamericanos.[11] A expresión popularizouse en Black Twitter e gañou tracción como un meme de Internet, utilizándose con frecuencia por persoas que non eran afroamericanas, para sinalar o seu apoio ao Black Lives Matter. Asociado coa xeración E, o termo estendeuse internacionalmente e agregouse ao Oxford English Dictionary en 2017.[12]
A medida que o uso do termo se estendeu máis aló das súas orixes afroamericanos, woke utilizouse cada vez máis como un termo xeral para describir os movementos e ideoloxías de xustiza social de esquerda radical identitaria. Para 2020, persoas críticas destas posicións en varios países occidentais empezaron a usar o termo woke de maneira irónica como unha denominación dirixida a movementos e ideoloxías de esquerda identitaria percibidos como demasiado fanáticos ou insinceros, e tendentes a censurar de forma dogmática calquera desviación da súa perspectiva ideolóxica.[13] Algúns movementos de esquerda chegaron a consideralo un termo ofensivo utilizado para denigrar a quen fan campaña contra a discriminación.[14]
Coa extensión das accións de censura en redes sociais a contas de perfil conservador ou críticas coa imposición das posturas consideradas como «politicamente correctas» desde a esquerda, o termo «woke» pasa a ser despectivo, como sinónimo de «progre».
Capitalismo woke e woke-washing
[editar | editar a fonte]A mediados da década de 2010, a linguaxe asociada co "espertar" entrara nos principais medios de comunicación e estábase utilizando para mercadotecnia.[15] O termo capitalismo woke foi acuñado polo escritor Ross Douthat para as marcas que usaban mensaxes politicamente progresistas como substituto dunha reforma xenuína.[16] Segundo The Economist, os exemplos de capitalismo woke inclúen campañas publicitarias deseñadas para atraer aos millennials, quen a miúdo teñen puntos de vista socialmente máis liberais que as xeracións anteriores.[17]
As científicas culturais Akane Kanai e Rosalind Gill describen o capitalismo woke como a tendencia "que se intensifica drasticamente" para incluír grupos historicamente marxinados (principalmente en termos de raza, xénero e relixión) como mascotas na publicidade, cunha mensaxe de apoderamento para sinalar valores progresistas. Por unha banda, Kanai e Gill argumentan que isto crea unha idea individualizada e despolitizada da xustiza social, reducíndoa a un aumento da confianza nun mesmo. Doutra banda, a visibilidade omnipresente na publicidade tamén pode amplificar unha reacción violenta contra a igualdade de precisamente estas minorías. Estes converteríanse en mascotas non só das empresas que os utilizan, senón tamén do indiscutíbel sistema económico neoliberal.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Romano, Aja. "How being "woke" lost its meaning" (en inglés). Consultado o 2021-10-02.
- ↑ "How has the meaning of the word “woke” evolved?". The Economist (en inglés). 2021-07-30. ISSN 0013-0613. Consultado o 2021-10-02.
- ↑ Botel, Megan (2020-08-18). "'Crucial voices': the US women leading the fight against voter suppression" (en inglés). Consultado o 2021-10-02.
- ↑ "Why Attacking 'Cancel Culture' And 'Woke' People Is Becoming The GOP's New Political Strategy" (en inglés). 2021-03-17. Consultado o 13 de xaneiro de 2023.
- ↑ McWhorter, John (2021-08-17). "Opinion | How 'Woke' Became an Insult" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Carlos Alsina: "¡Madre mía! La banda de los 'despiertitos' se ha rehecho"" (en castelán). 2020-12-25. Consultado o 2022-07-31.
- ↑ "De brujas, enanos e instituciones 'woke', por Ferran Caballero" (en castelán). 2022-01-28. Consultado o 2022-07-31.
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-01-13.
- ↑ "RAE en Twitter: "@pinzon_lui #RAEconsultas En español, con sentido equivalente al inglés «woke», existe el adjetivo tradicional «concienciado, -da»."" (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023.
- ↑ O'Callaghan, Tamara F. (2020). Introducing English studies (en inglés). p. 135. ISBN 1-350-05541-7. OCLC 1081343813. Consultado o 2021-10-02.
- ↑ Hess, Amanda (2016-04-19). "Earning the ‘Woke’ Badge". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 13 de xaneiro de 2023.
- ↑ "New words notes June 2017" (en inglés). 2017-06-16. Consultado o 13 de xaneiro de 2023.
- ↑ Jr, Perry Bacon (2021-03-17). "Why Attacking ‘Cancel Culture’ And ‘Woke’ People Is Becoming The GOP’s New Political Strategy" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2023.
- ↑ Romano, Aja (2020-10-09). "How being "woke" lost its meaning" (en inglés). Consultado o 2021-10-02.
- ↑ Sobande, Francesca (2019-01-01). "Woke-washing: “intersectional” femvertising and branding “woke” bravery". European Journal of Marketing (en inglés) 54 (11): 2723–2745. ISSN 0309-0566. doi:10.1108/EJM-02-2019-0134. Consultado o 13 de xaneiro de 2023.
- ↑ Lewis, Helen (2020-07-14). "How Capitalism Drives Cancel Culture" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Companies can appeal to workers and consumers with liberal messages". The Economist. 26 de xaneiro de 2019. ISSN 0013-0613. Consultado o 13 de xaneiro de 2023.
- ↑ Kanai, Akane; Gill, Rosalind (2020-12-01). "Woke? Affect, Neoliberalism, Marginalised Identities and Consumer Culture". New Formations 102 (102): 10–27. doi:10.3898/NewF:102.01.2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hunt, Kenya (21 de novembro de 2020). "How 'woke' became the word of our era". The Guardian.