Estranxeirismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un estranxeirismo[1] é aquela palabra que existe nun idioma e que procede doutro. segundo o grao de adaptación do lexema dentro da lingua de destino, adoitan dividirse en préstamos e calcos. Esta adaptación á lingua final pode facerse mediante unha modificación da estrutura fonética, escrita ou mesmo semántica. Os estranxeirismos están presentes en tódalas linguas e considéranse normais e mesmo necesarios para a súa obrigada evolución. O máis habitual é que se utilicen para denominar novos elementos, técnicas, conceptos que non existían anteriormente. Considéranse innecesarios cando pretenden suplantar outra verba patrimonial preexistente. Outra estratexia para evitar o uso dun estranxeirismo innecesario é a recuperación léxica dunha palabra cun uso tradicional moi semellante pero nun contexto distinto (v. zorra ou lamia).

Lingua galega[editar | editar a fonte]

En galego, os principais estranxeirismos son dos seguintes tipos:

Existe unha certa variación da influencia e da orixe dos estranxeirismos en función da época e da lingua de destino. No caso do galego, os galicismos entraron sobre todo co esplendor da cultura gala e trala guerra civil española debido ó simbolismo de liberdade de Francia durante a represión franquista, os castelanismos durante todo o século XX e os anglicismos dende os últimos vinte ou dez anos deste século ata a actualidade. Canto ós xermanismos e arabismos, levan tanto tempo instalados na lingua que xa case ninguén os considera estranxeirismos. Pensar que un lexema pode ser un xenismo tamén pode ter connotacións subxectivas e os distintos individuos poden ter opinións diferentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estranxeirismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]